Descobre con nós o Porto de Redes
Xoves, 02 Setembro 2010

A Agrupación Instructiva de Caamouco quere transmitir o seu agradecemento aos participantes na xornada "Descobre con nós o Poto de Redes" celebrado o pasado 20 de agosto.

Foto en maior tamaño Premer na miniatura.

Para gardar a foto Premer no botón dereito e seleccionar Gardar imaxe ou Gardar imaxe como.

 
O Golafre arrasa na Regata Infanta Elena-Trofeo Caixa Galicia
Mércores, 01 Setembro 2010

A victoria do barco de Benito Calvo foi total xa que venceu en todas as mangas da súa categoría, algo que non sucedeu no resto das categorías, no que o dominio dun só barco non foi tan contundente.

A Regata Infanta Elena-Trofeo Caixa Galicia é a proba de máis alto nivel das celebradas nas Rías Altas.

O seu máis directo rival foi outro barco de Redes, La Rabuda, que fixo segundo na categoría pero moi afastado en puntos do Golafre.

Noraboa para a tripulación do Golafre!!!

 
Cuarto Minguante e Lagarteiras
Mércores, 01 Setembro 2010

Hoxe ás 17:23 será o punto exacto do cuarto minguante da lúa nascida en agosto; o que se coñece como A Minguante de Agosto, que ven a ser esa época do ano en que, seguindo a tradición, hai que recoller as herbas aromáticas (ourego, nébeda, manzanilla, herba luisa, tomillo...) que se queiran poñer a secar, porque estarán no seu mellor punto de aroma.

Tamén é a mellor época para outras cousas, como talar unha arbre da que se queira sacar a mellor madeira, posto que a circulación de savia é mínima e aminorase a posibilidade de que pasme.

Pero tamén é a antesala do outono e das mareas Lagarteiras de Agosto, anque sexan en setembro, e que terán este ano o seu punto álxido o día 9, coa nova, e o día 24, coa chea. Por qué se lles chamará lagarteiras?

Ler máis...
 
XVII Torneo Pibes 2010
Domingo, 22 Agosto 2010

Dende o sábado 21 de Agosto ata o sábado 4 de setembro desenvólvese este campeonato, en categorías Infantil e Junior (M e F). A fase previa: 21 e 22, a fase final do 24 de agosto ó 4 de setembro, con premio para tódolos finalistas.

 
Fin de Festa da Escola de Tenis do Verán
Sábado, 21 Agosto 2010

Este sábado alumnos e monitores da Escola de Tenis celebraron o remate do Curso de Verán. Máis de 60 nenos e rapaces con idades de 5 a 14 anos participaron nestes cursiños con xogos e festa na que a auga tivo moito que ver, e menos mal porque a calor apretaba. Ginkanas, actuación dun elefante mexón e o tobogán con auga foron as atraccións coas que compartiron unha mañán entre risas. (foto de grupo en Ler Máis)

Moitos destes rapaces continuarán practicando este deporte gracias a estas escolas e ás instalacións do Club de Tenis de Redes. Noraboa!!

Ler máis...
 
Aclaracións ó Regulamento Xeral de Circulación
Sábado, 21 Agosto 2010

Este sinal está colocado na Avda de Gaspar Rodríguez, en Redes, á altura do forno, xusto onde hai que desviarse á dereita para acceder ó aparcadoiro. Vese que un sinal abarca tódalas prohibicións do outro, pois segundo o Regulamento Xeral de Circulación o símbolo da dereita significa:

Circulación prohibida. Prohibición de circulación de toda clase de vehículos en ámbolos dous sentidos. (ARt 152. R-100)

e o símbolo da esquerda significa:

Ler máis...
 
Exigen un plan de prevención de incendios para la zona de A Malata
Sábado, 21 Agosto 2010

P.C.C. >Ferrol

Los vecinos del polígono urbano de A Malata, en el municipio de Ares, están molestos con la situación que viven a diario con la presencia de árboles de gran porte a escasos metros de sus viviendas.

Ler máis...
 
Cursos, bautismos e rutas pola ría en kaiak
Martes, 03 Agosto 2010

O Club Marítimo de Redes continúa cos seguintes cursos de kaiak y inicia BAUTISMOS DE KAIAK DE MAR e RUTAS POLA RÍA DE ARES para este verán. Cursos:

Módulo 1: Iniciación
días 23-24-25-26-27 de agosto

Módulo 2: Perfeccionamento
días 30-31 de agosto
e 1-2-3 de setembro
Ler máis...
 
Clasificación da IV Concentración de Vela Tradicional CN de Ares
Domingo, 15 Agosto 2010
1 Abur
2 Sauntress
3 Finsín
4 Trebón5 Masmadera
6 Boaventura7 Arxil
8 Osorio9 María Xesús10 Xosé Andrés10 Mapi
10 Lola10 Gaviota10 Alivanta10 Teresa
10 Albatros


 
Pregón da Festa da Cabria 2010, por Fina Calleja.
Domingo, 15 Agosto 2010

Hai que ver que bonita deixou esta praza o meu Delmiriño...

Benqueridos redeños e visitantes:

Ler máis...
 
Vela: La Rabuda gaña o Spinnaker.
Mércores, 11 Agosto 2010

La RabudaEsta semana pasada tiña lugar a semana náutica de Ferrol, o Spinnaker, un evento de abondosa vida social, deportiva e turística. No centro de todas as actividades que se desenvolven nesta cita, esta a regata de vela crucero.

Este ano o vencedor na súa categoría, pero tamén na clasificación absoluta, foi o barco de Redes patroneado por Antonio Díaz, de nome La Rabuda, que mantivo un nivel moi alto e regular ao longo de todas as probas. Noraboa!

 
Aperitivos a 200 euros
Luns, 09 Agosto 2010

Hora do aperitivo no Pedregal, as mesas postas coas súas cadeiras e todo.

O mar en calma chicha, dous sinais advirten aos visitantes que está prohibido circular cos coches pola praza  recén estreada. Aínda así, no prazo de dez minutos aparcaron unha chea deles e os seus propietarios e acompañantes adicaronse a disfutar nas dúas terrazas do noso fermoso pobo.

Ler máis...
 
Vela: Juan Filgueira subcampión do mundo en Platu 25
Martes, 03 Agosto 2010

Mentres en Redes se celebraba a regata de embarcacións tradicionais de vela, en Alicante tiña lugar o mundial da clase Platu 25, un monotipo de 5 tripulantes rápido e espectacular. Nos últimos días, imposible achegarse ao primeiro o grego "modus vivendi", o Carpantxo, patroneado por Jesús Pintos, facía unha serie de mangas moi boas e superaba aos seus rivais nunha moi reñida loita pola segunda praza. Contra todo pronóstico, sen patrocinadores, e contra grandes equipos, juan e os seus compañeiros fixeron una regata impresionante. Noraboa a todos.

 
Mais alá
Domingo, 01 Agosto 2010

Aínda faltaban tres anos para que o home chegara a lúa, cando uns homes de Redes saían por primeira vez de Galicia para participar no campionato de España de traiñeiras na fermosa baía de Santander. ¡Toda unha proeza para a nosa aldea!, pequeniña coma agora pero con moita máis actividade humana e mariñeira por aqueles tempos.

O periplo consistía en dúas fases e dúas naves. Unha nave era o autobús de Ramón de Ares (que en paz descanse) que tiña que transportar dezaseis motores humanos e a maiores portar unha segunda nave, a nosa traiñeira, ata ao Sardiñeiro.

Coma en todo proxecto importante xurdiron problemas técnicos, a segunda nave tivo que quedar en Redes, polo tremendo peso que tiña, ¡Era coma un piñeiro!. Ainda así, o autobús tardou 27 horas en cruzar a atmosfera asturiana.

Ler máis...
 
Rampa de acceso á praia de Area Morta
Martes, 27 Xullo 2010

Hoxe, 27 de Xullo de 2010, no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña num. 141, sae o seguinte anuncio do Concello de Ares:

Ler máis...
 
Clasificación da VIII Regata "Porto de Redes"
Domingo, 25 Xullo 2010
1 Sauntress
2 Abur3 Martlet
4 Alivanta5 Teresa6 Trebón7 Finsin
8 Pandora9 Cocodrilo10 Canouro11 Habana
12 Pajarito13 Arxil14 Gaviota15 Galicia
16 Ossorio17 Masmadera18 Boaventura19 Mariñán II
20 Lola21 Virandón22 José Andrés23 Bote de Pao
24 Okeechobe25 Punta Fiateira26 Punta Pragueira27 Romar
Ler máis...
 


NOVAS
FOTOBLOG
FORO
WIKICAAMOUCO

WEBCAM
EMAIL

Produtos locais

Acelgas 1,50 €/Kg
Alcachofas 1,50 €/12
Berzas 0,60 €/mada
Calabacin 1,20 €/Kg
Cebolas 1,50 €/Kg
Cenorias 1,50 €/mnx.
Colifrol (p) 1,00 €/ud
Coll. De fraile 1,25 €/Kg
Faba caldo-vaina 2,00 €/Kg
Faba color-vaina 2,00 €/Kg
Faba Ast-vaina 3,00 €/Kg
Leitugas 0,60 €/ud
Limós 1,00 €/Kg
Mazás (caidas) 0,50 €/Kg
Mazás (man) 1,00 €/Kg
Ovos 2,80 €/12
Patacas G 0,80 €/Kg
Patacas M 0,70 €/Kg
Pementiños 1,25 €/50
Pemento Morr V 2,00 €/Kg
Pepino 1,20 €/Kg
Puerro 0,30 €/ud
Repolo Bet. 1,20 €/ud
Tomates 1,50 €/Kg
Xudías 2,50 €/Kg
Calas 1,50 €/6
Caravel Chino 2,00 €/mnx.
Clavel 4,50 €/12
Esteticia 2,50 €/mnx.
Iris 2,50 €/9
Sempreviva 2,50 €/mnx.
Meigas 8,00 €/Kg
Nécoras P 15,00 €/Kg
Nécoras G 25,00 €/Kg
Parrochas 4,50 €/Kg
Pescadilla 4,00 €/Kg
Polbo (gra) 8,00 €/Kg
Polbo (peq) 7,00 €/Kg
Sardiñas 3,50 €/Kg
Sargo 7,00 €/Kg
Xardas 2,50 €/Kg
Xiba 5,00 €/Kg
Xurelo (p)
6,00 €/Kg
Zarreta 4,00 €/Kg