Calendario

« Xullo 2008
L M M X V S D
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Caamouco.Net

Inicio
Novas
Situación
Historia
Sociedades
Navegantes
Disfruta
Mapa do Web
Contactar
Guía de Servizos
Ligazóns
Webcam

Colaboran

Agrupación Instructiva
Club Marítimo de Redes
Club de Tenis de Redes
Camping El Raso

Usuarios

Foro
Fotoblog
Correo Web

Históricos

01 Feb - 28 Feb 2008
01 Xan - 31 Xan 2008
01 Dec - 31 Dec 2007
01 Nov - 30 Nov 2007
01 Out - 31 Out 2007
01 Set - 30 Set 2007
01 Xull - 31 Xull 2007
01 Xun - 30 Xun 2007
01 Mai - 31 Mai 2007
01 Abr - 30 Abr 2007
01 Mar - 31 Mar 2007
01 Feb - 28 Feb 2007
01 Dec - 31 Dec 2006
01 Nov - 30 Nov 2006
01 Out - 31 Out 2006
01 Set - 30 Set 2006
01 Ago - 31 Ago 2006

Foron Novas (pdf)

¡Buscar!

Últimos Comentarios

diego (Adeus a árbore da…): Esta xente está tola.Unha…
Pedro Do. Vilar (Problemas coa aug…): Na actualidade a forma xu…
Anonimo (Problemas coa aug…): Efectivamente, privada, e…
Josu (Promocións urbaní…): Bárbaro Manel posteando n…
Josu (Agasallo da Natur…): Van a escapar segundo vex…
Josu (Obras de paviment…): Si esto é un acabado prov…
Manel (Obras de paviment…): Moi boas, isto é feismo i…

Cousas

Powered by Pivot - 1.40.1: 'Dreadwind' 
XML: RSS Feed 
XML: Atom Feed 

Palilleiras

Domingo 29 Abril 2007 at 12:00 am

Xuntanza de Palilleiras

Hoxe celebrouse a XII Xuntanza de Palilleiras de Ferrolterra, con unha nutrida representación de mulleres do grupo da Agrupación Instructiva de Caamouco que foron á Xuntanza xunto con outras da Asociación de Amas de Casa de Ares, coa que comparten actividade coas ensinanzas de Clara.

A asistencia foi numerosa, tanto de palilleiras e de expositores como de visitantes. Alí estiveron compartindo tempo, curioseando diseños vidos de outras zonas e amosando o seu traballo.

Esta afición, que se desenvolve en Caamouco dende hai varios anos, cumpre cos obxetivos de ser un mecanismo de relación social, fomenta actividades de expresión artística e contribúe á propagación desta fermosa tradición.

Noraboa á organización e noraboa ás participantes.

Xuntanza de Palilleiras


Promocións urbanísticas en Redes

Venres 27 Abril 2007 at 2:49 pm

Redes asistiu a importantes cambios durante estes anos, alguns promovidos pola administración, pero outros que xurden dende o ámbito da iniciativa privada. Dentro destes últimos, apareceu unha pequena promoción de tres vivendas, que veu a transformar totalmente a imaxe tradicional do cruce de Redes vindo polo Carballo, imaxe que xa fora modificada coa tala das árbores tempo atrás.

Afortunadamente son poucas vivendas e están separadas, pero desafortunadamente son iguais. E ser igual, nun entorno como Redes, no que a singularidade de cada casa é parte da singularidade do conxunto, é penoso. E máis tendo en conta a visibilidade deste grupo de vivendas.

Estes feitos plantexan a necesidade de contar cun planeamento que, considerando a singularidade do pobo de Redes, plantexe un desenvolvemento urbano acorde co conxunto, evitando a súa transformación nun sitio calquera.

Protesta dos veciños de Redes contra o asfaltado.

Martes 24 Abril 2007 at 11:09 am Logo de recoller máis de 200 sinaturas, na mañá deste luns 23 de abril un grupo duns 20 veciños tentaron parar as obras de asfaltado das rúas do casco histórico de Redes.
A paralización fixo achegarse á Policía Local de Ares, e á Garda Civil, pero en todo momento os ánimos estiveron tranquilos e todo se desenvolveu de xeito pacífico. A negativa do goberno municipal a paralización fixo que os traballos se trasladasen ao tramo da Rúa de Abaixo máis próximo ao Rio Novo.
Hoxe é noticia nos principais diarios da comarca: La Voz, El Ideal, Diario de Ferrol, e La Opinión, tocan este tema nas súas edicións.
As obras fican paralizadas nestes momentos, as máquinas desapareceron e parece que a protesta obtivo certo resultado.

Obras de pavimentación en Redes.

Sábado 21 Abril 2007 at 10:41 pm

Resulta curioso ver que en pleno casco urbán de Redes, sí, urbán, aparezan rúas pavimentadas con asfalto mais propio dun camiño veciñal que dun lugar obxeto de protección por parte de Patrimonio.

Algúns veciños non dan crédito, uns protestan e outros calan. O que xa non resulta tan curioso, para cumprir cos topicazos, é que o tema este das obras comence cando quedan menos de 40 días para as eleccións municipais.

Parece ser que a cousa xa ven de antes, que estaba previsto, debateuse no Pleno do Concello e aprobouse con oito votos a favor e duas abstencions.

Algúns din que a cousa non vai quedar así, que logo leva non sei qué que o fai mais bonito e si algún día hai que botar un pavimento mais sólido o de agora é máis fácil de levantar. ¿Por qué o botan e xa están pensando en levantalo?

De momento algúns non se fían, non vaia a ser que queiran facer "algo rapidito", polo tema dos 40 días, e deixen a cousa a medias coa pinta que ten.

O que hai, a día de hoxe, consiste nunha capa de asfalto de ata 8 cm por sitios que cubre parte da Rúa do Medio e o calexón que a conecta ó Pedregal. Si a cousa vai así dende logo feo é e non encaixa con outros pavimentos que xa hai nas mesmas rúas. Por certo, en algunha encaixa ó rás co cemento impreso.

O que se bota en falta é algo de información, un algo máis que o simple letreiro de que van facer algo.

Agasallo da Natureza

Sábado 14 Abril 2007 at 11:33 pm

Estes días en Redes podemos ver un agasallo da Nai Natureza, ...



(máis)

Obras de acometida de augas.

Luns 09 Abril 2007 at 12:00 am



Estamos de obras, no camiño que vai dende Mazaido á Cheeira andan facendo unha fonda zanxa que aloxa o tubo de acometida de augas. A algún veciño xa lle deixaron a toma ó pé da boqueira, ainda que ten un pozo con auga bastante boa.

Ignoramos o rumbo que leva, e o propio operario así o confesou. O que sí nos dixeron é que o tendido é de 600m e que o están facendo porque está previsto anchear e asfaltar ese camiño.

De momento, algún quedouse sin acceso á sua casa e terá que carretalas cousas a pé. A ver si é por ben.

Ademáis da ruta que leve o novo asfaltado, outra pregunta que xurde é si esta rede de suministro de auga (que baixa de Carballás ó Raso, logo sube a Curro e virá á dereita en Mazaído deixando a Mazaído e Curmá de lado) finalmente unirase á de Redes.

Piden Axuda

Venres 06 Abril 2007 at 11:08 am



No medio dun artigo de opinión de La Voz de Galicia atopamos que o Clube do Mar de Ferrol anda á busca duns voluntarios un tanto especiais.


(máis)