Calendario

« Xullo 2008
L M M X V S D
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Caamouco.Net

Inicio
Novas
Situación
Historia
Sociedades
Navegantes
Disfruta
Mapa do Web
Contactar
Guía de Servizos
Ligazóns
Webcam

Colaboran

Agrupación Instructiva
Club Marítimo de Redes
Club de Tenis de Redes
Camping El Raso

Usuarios

Foro
Fotoblog
Correo Web

Históricos

01 Feb - 28 Feb 2008
01 Xan - 31 Xan 2008
01 Dec - 31 Dec 2007
01 Nov - 30 Nov 2007
01 Out - 31 Out 2007
01 Set - 30 Set 2007
01 Xull - 31 Xull 2007
01 Xun - 30 Xun 2007
01 Mai - 31 Mai 2007
01 Abr - 30 Abr 2007
01 Mar - 31 Mar 2007
01 Feb - 28 Feb 2007
01 Dec - 31 Dec 2006
01 Nov - 30 Nov 2006
01 Out - 31 Out 2006
01 Set - 30 Set 2006
01 Ago - 31 Ago 2006

Foron Novas (pdf)

¡Buscar!

Últimos Comentarios

diego (Adeus a árbore da…): Esta xente está tola.Unha…
Pedro Do. Vilar (Problemas coa aug…): Na actualidade a forma xu…
Anonimo (Problemas coa aug…): Efectivamente, privada, e…
Josu (Promocións urbaní…): Bárbaro Manel posteando n…
Josu (Agasallo da Natur…): Van a escapar segundo vex…
Josu (Obras de paviment…): Si esto é un acabado prov…
Manel (Obras de paviment…): Moi boas, isto é feismo i…

Cousas

Powered by Pivot - 1.40.1: 'Dreadwind' 
XML: RSS Feed 
XML: Atom Feed 

Anuncio Feiraco en Redes. Marzo 2007.

Martes 22 Maio 2007 at 11:04 am
 

O Redes máis fermoso aparece estes días no anuncio da empresa láctea Feiraco. Son uns escasos segundos que amosan un dos poucos pobos do noso litoral que, polo de agora, se salvan do desastre que arrasa a costa galega de norte a sur. Que sirva esta pequena reportaxe, incluida no apartado desfruta de caamoucoNet, para que todos e todas nos decatemos da calidade da nosa terra.

Se pode ver o anuncio na súa páxina web, e o reportaxe o tedes na nosa, vosa web.

Medidas e desbroces na Escola de Seselle

Domingo 20 Maio 2007 at 9:03 pm


Estos días andiveron de maniobras nos terreos da antiga Escola de Seselle (oficialmente Escuela Nacional de Caamouco), un grupo adicouse a tomar medidas teodolito en man e outro púxose a pelexar coa maleza que cubría a escola e os seus terreos.

Había ben de tempo que non podíamos contemplar este edificio sin as interferencias vexetais, pero todo esto ten algún proósito. Ignoramos si xa se aclarou o tema da propiedade e os herdeiros decidiron facer algo con este inmoble tan apreciado como esquecido.

Celebración do Día das Letras Galegas na AIC

Mércores 16 Maio 2007 at 01:35 am

Venres 18 de Maio de 2007 ás 21:00 horas.


Na Agrupación Instructiva de Caamouco organizan unha serie de actos para este día, que se celebrarán nos locais da Tenencia e que inclúen:

Proxección dun vídeo sobre María Mariño Carou.

TEATRO. Representación da obra "Casado de día, solteiro de noite", a cargo do grupo Teruca Bouza, da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega e dirixida por Manuel Basoa.

Tradicional Queimada, acompañada con bola azucarada, e amenizada con Música Galega a cargo do Grupo de Gaita da Agrupación Instructiva de Caamouco.

Problemas coa auga. A outra campaña.

Xoves 10 Maio 2007 at 2:34 pm

 

Baixo o lema "Quiero el agua ¡YA! Todos tenemos los mismos derechos", aparece no poste dos focos do peirao de Redes, unha reclamación dun veciño, ou veciña (dende caamouco net descoñecemos de quén se trata), de Caamouco pedindo o suministro de auga. 

Este carteliño aproveita o soporte da publicidade electoral dun dos partidos, e comparte poste coa foto dun dos candidatos doutro partido, nun momento moi oportuno para plantexar reclamacións, e é que ás 0:00 de mañá comeza a campaña elecións municipais do vindeiro 27 de maio de 2007.

(máis)

Caamouco Net en Patrimonio

Venres 04 Maio 2007 at 12:41 pm

O pasado 3 de maio dous colaboradores de caamoucoNet tiveron unha reunión cos responsables provinciais da Direción Xeral de Patrimonio (Consellería de Cultura da Xunta de Galicia): a Delegada Provincial da Consellería de Cultura, Dona Milagros Lantes Seara, e o Jefe da Comisión Territorial de Patrimonio, Don Cesáreo Sánchez Iglesias. Dende o primeiro momento todo foron falicidades, e a reunión acordouse nun prazo moi reducido.

Neste encontro falouse de todo: do asfaltado das rúas de Redes, do estado e a proteción do nucleo histórico, dos proxectos futuros etc..., Patrimonio ten pouco marxe de manobra, pero este é o único organismo que pode garantir que en Redes non se estrague, ainda que sempre coa colaboración do Concello de Ares.

(máis)