Carmen 07
Martes 17 Xullo 2007 at 12:52 pm|
Finalizou o Carmen 2007, celebrado o domingo 15 e luns 16 de xullo, en Redes. Unha festa do agrado de todos ainda que o tempo non axudou moito. Como sempre o agradecemento á Comisión, que outro ano máis, e xa van uns cantos, traballou duro para que todo saise tan ben. Nesta edición recupérase a tradición da procesión marítima, na que un barco pesqueiro (xa dende hai tempo de fóra de Redes) traslada a virxe do carmen nun paseo pola Ría, acompañada dos botes dos veciños/as. Mesmo algúns fixeron parte da procesión a vela. |