Arde unha casa en Curmá
Mércores 19 Marzo 2008 at 06:34 amAlguns veciños deronse conta e comenzaron, pouco máis alá da media noite, a axudar, outros despertámonos coa desagradable sorpresa.
Afortunadamente non hai que lamentar ningún dano persoal, salvo o lóxico susto.
A cousa empezou pasada a medianoite, ó parecer por un cortocircuito. Ardeulles a galería e duas habitacións. Os bombeiros chegaron a tempo de que a cousa non fora a máis.
Os veciños estiveron colaborando en limpar e vacia-la casa ata pasado o mediodía.
Agora tócalle ós donos o de reparar os danos, moito lío, desta unha das casas máis antigas do rueiro, e ós veciños agardar que pronto o resolvan e disfruten de novo dela.