
| | Seguindo coa iniciativa de VELA PARA TODOS o Club Marítimo de Redes organiza un curso de iniciación á vela no mes de xullo. Para máis información pincha na imaxe. |
|
| | O Club Marítimo de Redes organiza un curso de iniciación o Kaiak de Mar, do 21 de Xullo ó 1 de agosto, en horario de mañán. Os que queiran apuntarse, aparte de ser maiores de 8 anos e saber nadar, terán que inscribirse esatisfacer a correspondente cuota, que conta con melloras para os socios do CMR. Para máis detalles, pincha na imaxe da esquerda (figura email e tfnos de contacto) |
|
|
| | XL Torneo Social 2008 - Club de Tenis Redes Categorías: infantil, junior, absoluto, veteranos y veteranos senior (masculino y femenino) Lugar de celebración: Club de Tenis Redes Fecha de celebración: del 26/07/08 -> 16/08/2008 Fecha cierre inscripción: 22/07/2008 a las 19.00 horas. | |
| | Xa chega a VI Regata de Embarcacións Tradicionais "PORTO DE REDES". Seguindo o modelo de outros anos, non faltarán a cabria, as sardiñas, o churrasco nin a festa. Ogallá se alcancen e superen os 38 barcos inscritos na quinta edición. E para ir quentando, o venres día 1 poderase disfrutar dun espectáculo único, unha regata a2 entre Francisco Varela, patrón do Trebón e Martin O'Scannall, o noso irlandés de Redes, patrón do Sauntress. O campo de regata será diante do Porto de Redes e poderase disfrutar dende a Punta do Castelo de xeito espectacular. Outra nova será a regata remos-vela, unha modalidade importada de Bretaña, moi divertida e vistosa. Este ano coincide co desembarco pirata, o 2 de Agosto, boa ocasión para algunha actividade conxunta, e como os nosos navíos estarán no mar na regata, farán falla reforzos en terra para frear as tropas de Río Castro. | |
|
... Enterados dos plans do enemigo: van desembarcar o día 2 de Agosto. Favorecidos pola marea, que será pleamar ás 17:56 cunha altura de 4.25m. |
|
Ata o 17 de xullo, na localidade de Brest (Bretaña Francesa), ten lugar unha das maiores feiras de vela tradicional do mundo, no que Galicia é un dos países convidados. A TVG adicoulle o programa de proa a popa do domingo 6 de xullo, podedes ver este programa nesta ligazón. Os nosos xa están en Brest, e segundo as primeiras novas a cousa é impresionante. Moitos barcos, pero moitos, moitos e moitas mariñeiras, e un lote de stands, pero o máximo xa é o incrible número de visitantes: unha marea!!! 
As imaxes, dende o teléfono, non son moi boas, esperamos unha crónica pronto. |
|
Este ano duas sociedades de Caamouco están de aniversario, nada menos que 40 anos. O Club Marítimo de Redes en 1968, que xa levaba participado en competicións de remo a nivel nacional, constituese como Club. Hoxe o remo non é o fundamental pero sí a sua actividade marítima e deportiva. Durante este ano estará activa unha foto aleatoria do CMR na banda dereita da portada. O Club de Tenis comenzóu con campeonatos na Area Morta, hoxe posue un bo plantel de socios e deportistas, ademais dunhas boas instalacións. Según as nosas fontes este ano aproveitarán para conmemorar o aniversario con algunha competición na Area Morta. Noraboa ás duas sociedades e agardamos as merecidas celebracións. |
|
|