|
Xoves, 02 Xullo 2009 |
|
Sábado 4 de Xullo ás 20:00 na Tenencia. Dentro da exposición "Ondas de Irmandade" que estes días se celebra na Agupación Instructiva de Caamouco, o sábado 4 de xullo celebrase unha charla-coloquio sobre o tema principal da exposición, o asociacionismo mariñeiro eumés. Esta presentación ten por finalidade mostrar as razóns que levaron ós veciños do carón do Eume a este secular movento asociacionista. Dende a Directiva da Agrupación fan un especial chamamento á participación nesta actividade polo seu interese e valor didáctico. Hai que lembrar que a exposición "Ondas de Irmandade" estará aberta ata o día 12 de xullo na Agrupación Instructiva. |
|
Martes, 30 Xuño 2009 |
|
Do 1 ó 12 de Xullo de 2009 nos locais da Tenencia. A diario de 19:00 a 20:30, domingos de 12:00 a 14:00.
Sobre o asociacionismo mariñeiro eumés, presentase esta exposición feita polo colectivo 8Mares co gallo do centenario da constitución da primeira sociedade mariñeira eumesa "La Hermandad Marítima" (1908), á que logo se unirían a Sociedad de Marineros Pescadores (1914), a Unión de Pescadores (1919), o Gremio de Armadores de Tarrafas (1920) e o Pósito de Pescadores (1922).
Presentase unha escolma de fotografías, artigos, maquetas, arquivos sonoros e un documental. Descarga aquí o diptico informativo. |
|
Martes, 30 Xuño 2009 |
|
Do 13 ó 18 de Xullo nos locais da Tenencia. A diario de 19:00 a 20:30, domingos de 12:00 a 14:00.
| | Da man dos profesores Bernardo Máiz e Enrique Freire chéganos esta exposición sobre as embarcacións tradicionais, nun interesante traballo recollido nun libro, merecedor do Premio Didáctico Antonio Fraguas na sua V edición. A exposición, de xeito resumido, amosanos en paneis imaxes,fotos, planos e textos froito dun longo traballo de campo e longas conversas cos vellos de cada lugar. Os paneis foron presentados o ano pasado en Ferrol, e despóis dun longo recorrido por Galicia chegan a Caamouco, coincidindo e apoiando os actos da VII Regata de Embarcacións Tradicionais "Porto de Redes" |  |
|
|
Venres, 19 Xuño 2009 |
|
Hai unhas semanas instalábanse na Escola as últimas ventás que faltaban por substituir. Ademais disto cambiabánse os ferrollos de tódalas contras por uns de mellor calidade e de maior seguridade. |
|
Ler máis...
|
|
Sábado, 06 Xuño 2009 |
|
Dende o día 8 de xuño e ata o 19 do mesmo mes, a Alianza Aresana acolle a exposición dos traballos realizados durante este ano dos alumnos de pintura da Agrupación Instrutiva de Caamouco. A exposición estará haberta de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 20.00.
Hai que lembrar que a partir do 27 de xuño esta exposición poderá visitarse no propio edificio da Agrupación Instrutiva de Caamouco. |
|
Venres, 22 Maio 2009 |
|
Este sábado 23 de maio, ás 19.30 horas, a Agrupación Instrutiva de Caamouco renderá homenaxe a Ramón Piñeiro, persoeiro ó que este ano se lle adican as Letras Galegas.
A través de comentarios a cargo de Daniel García Fernández, neste acto darase conta dos puntos máis destacables da vida e traxectoria de Piñeiro. Acto seguido, proxectarase o filme "Porto de Redes. O que o tempo levou nos derradeiros cen anos". Para rematar, ofrecerase ós asistentes a tradicional queimada, acompañada de bola azucrada. |
|
Domingo, 26 Abril 2009 |
| | Máis de 700 palilleiras xuntaronse onte no pavillón da Xunqueira de Fene. Este ano aparte da xuntanza e palillamento masivo fixeron tamén desfile de moda e aumentou a participación de palilleiras de outras comunidades. De Caamouco asistiron sete palilleiras, para as que esta aficción non é só cousa duns días, senón que palillan na casa e adicanlle moitas horas. Este tipo de eventos serven para comprobar outros deseños e técnicas e, como non, de punto de encontro. |
|
|
Domingo, 26 Abril 2009 |
| | Saudamos e agradecemos a iniciativa do Concello de instalar próximamente un punto de acceso en A Tenencia (Ver nova en La Voz), o que dalgunha forma equilibrará o ofrecido en diversas zonas de Ares, Cervás e Chanteiro para que en Caamouco tamén se conte con este tipo de servizos. En Caamouco xa temos algunhas zonas de acceso libre a internet mediante WiFi promovidas por particulares (p.ex. no aparcadoiro de Redes), unha máis das iniciativas de servizos promovidas polos veciños. Agardamos con interese que se poida ir ampliando a outros espazos públicos. |
|
|
Xoves, 19 Marzo 2009 |
|
O xoves 26 de marzo, os alumnos do Curso de Pintura da Agrupación Instrutiva de Caamouco farán un percorrido guiado pola Fundación Caixa Galicia de Ferrol para visitar a exposición "A orixe da vangarda rusa".
A visita guiada comezará as 17:30 horas e précase ós alumnos asistentes que estean nas proximidades da Fundación Caixa Galicia de Ferrol como mínimo un cuarto de hora antes. O enderezo da Fundación é Praza da Constitución - Cantón de Molíns, Ferrol. |
|
Ler máis...
|
|
Luns, 17 Novembro 2008 |
Para poñer remedio a precariedade do ensino na parroquia, os emigrantes que se atopaban na Habana fundan, ano 1911, a Agrupación Instructiva de Redes-Caamouco, construindo a escola da Tenencia, ano 1914. Exemplar institución que ainda hoxe se encontra activa. Como persoas relevantes da etapa fundacional, hai que destacar a D.Modesto Casal e D.José Cerdido, presidente e secretario da Xunta Directiva residente na Habana. A Delegación de Caamouco estaba formada por D.Nicolás Noche, presidente, D.Cesáreo Seijas, vicepresidente, D.Vicente Seijas, secretario, D.Juan Pérez Pico, vicesecretario, D.Nicolás Casas, tesoureiro, D.Valeriano Rojo, vicetesoureiro, D.Francisco González, D.Enrique Prieto, D.Francisco Anca e D.Fernando Anca, vogais. | | Edificio da Agrupación Instructiva de Caamouco, construido no ano 1911, sendo o constructor D. José Calvo. Costo: 18.000 pts. | | | | | D. Nicolás Noche Castro | |
Membros da Xunta Directiva e da Delegación de Caamouco, cos profesores d. Daniel López e Dna. Esperanza Iglesias, ano 1914. | |  Recibo da cuota mensual dun socio viverista residente en Casa Blanca (Cuba) |
|
|
Ler máis...
|
|