Para poñer remedio a precariedade do ensino na parroquia, os emigrantes que se atopaban na Habana fundan, ano 1911, a Agrupación Instructiva de Redes-Caamouco, construindo a escola da Tenencia, ano 1914. Exemplar institución que ainda hoxe se encontra activa. Como persoas relevantes da etapa fundacional, hai que destacar a D.Modesto Casal e D.José Cerdido, presidente e secretario da Xunta Directiva residente na Habana. A Delegación de Caamouco estaba formada por D.Nicolás Noche, presidente, D.Cesáreo Seijas, vicepresidente, D.Vicente Seijas, secretario, D.Juan Pérez Pico, vicesecretario, D.Nicolás Casas, tesoureiro, D.Valeriano Rojo, vicetesoureiro, D.Francisco González, D.Enrique Prieto, D.Francisco Anca e D.Fernando Anca, vogais. | | Edificio da Agrupación Instructiva de Caamouco, construido no ano 1911, sendo o constructor D. José Calvo. Costo: 18.000 pts. | | | | | D. Nicolás Noche Castro | |
Membros da Xunta Directiva e da Delegación de Caamouco, cos profesores d. Daniel López e Dna. Esperanza Iglesias, ano 1914. | |  Recibo da cuota mensual dun socio viverista residente en Casa Blanca (Cuba) |
Organización | | | | | Orgánicamente encontrabase constituida en dous grupos; a Xunta Directiva, máximo órgano rector, residente na Habana e a Delegación de Caamouco, residente no Porto de Redes, encargada da aplicación e seguimento das directrices recibidas da Xunta Directiva, ademáis de responsabilizarse da xestión da escola e da representación ante as institucións locais.
| |
| | 
| | | Alumnos da Tenencia, uniformados, Coas bandeiras de España e Cuba ano 1930. | | Escola da Tenencia, ano 1930
| | | | | | | Ideario | | | As ideas nadas ao caron das experiencias que vivian os emigrantes e dos idearios laicos, de actualidade na Habana de 1911, refrendados na práctica nas escolas do Centro Galego. Foron o xermolo do ideario que iba a rexir a nova institución escolar de Caamouco. No regulamento fundacional do ano 1911, pódese leer: “ Art. 2º.- Su objeto será el siguiente: Primero fomentar y propagar gratuitamente la enseñanza entre los habitantes de la parroquia de Caamouco, provincia de la Coruña (España) y las parroquias colindantes, estableciendo las escuelas de Instrucción que sus recursos les permitan, bajo la administración y dirección inmediata de una delegación representativa que al efecto se establecerá en la citada parroquia de Caamouco. Segundo.- Velar por los intereses generales de la repetida parroquia de Caamouco, estrechando lazos de amistad y afecto mutuo entre los vecinos, y todo lo que pueda hacer en beneficio y mejoramiento de los mismos”
| |
| O Labor | | | Nas memorias, publicadas para dar conta os socios da xestión realizada, as diferentes xuntas directivas recollian a esencia do do labor realizado. Nelas encontranse discurso dos profesores e alumnos, cartas dos socios, conclusións da directiva e unha completa e detallada relación de gastos e ingresos, cos resultados económicos da xestión. Sin deixar de facer mención a os alumnos matriculados, resultados académicos, e do tratado nas xuntanzas da Xunta Directiva.
| |
|   | | Diploma Otorgado no ano 1915
| Memorias Editadas na Habana 1917,1920,1922.
| | | | | | | Os Mestres | | | Levaron a práctica un tipo de ensino de vangarda, no que integraron os elementos necesarios para conseguir un ensino módelico, tanto no eido pedagóxico como nos aspectos relativos a integración da familia na comunidade escolar e unha relación profunda e directa co entorno físico e social da bisbarra.
Nun discurso do maestre D. Estanislao Filgueiras, con motivo do remate do curso académico 1924/25 pódese ler: “ Todo ciudadano interviene en la obra educativa; por derecho divino los padres, en defecto de éstos los maestros y en general, las personas de su medio ambiente..... Vuestros padres y, hermanos y otras personas que tiene amor a la cultura y progreso de su término, afánanse en pro de la Sociedad Instructiva de Redes-Caamouco, y a los que así labran vuestra felicidad relativa miradles como protectores que son del distintivo más estimable, cual es el amor educativo, el amor al niño.”
| |
|  | | Maestro D.Estanislao Filgueiras
| | Cadros da Maestra Esperanza Iglesias | | |
|