|
O xoves 26 de marzo, os alumnos do Curso de Pintura da Agrupación Instrutiva de Caamouco farán un percorrido guiado pola Fundación Caixa Galicia de Ferrol para visitar a exposición "A orixe da vangarda rusa".
A visita guiada comezará as 17:30 horas e précase ós alumnos asistentes que estean nas proximidades da Fundación Caixa Galicia de Ferrol como mínimo un cuarto de hora antes. O enderezo da Fundación é Praza da Constitución - Cantón de Molíns, Ferrol.
Esta exposición é a primeira que visita este ano o Curso de Pintura da Agrupación. O 16 de abril, os alumnos viaxarán a Santiago á exposición "Portas de Luz" no Centro Galego de Arte Contemporáneo e a Fundación Eugenio Granel. Nesta visita guiada pola Fundación, os alumnos de Pintura poderán ver unha selección dos fondos do Museo Estatal Ruso de San Petesburgo. Entre os autores máis salientables atópanse Vasili Kandinski e Kazimir Malevich. Ademais, nesta visita guiada, poderanse contemplar as obras doutros autores como Natalia Goncharova, Piotr Konchalovski, Mijail Larionov, Valentin Serov, Isaac Brodski ou Nikolai Roerich, entre outros. Pero non só a pintura é a protagonista nesta exposición. Xunto as obras dos autores citados, exporanse algúns exemplos do arte doméstico e decorativo da Rusia do primeiro cuarto do século XX. |