|
Domingo, 26 Abril 2009 |
| | Saudamos e agradecemos a iniciativa do Concello de instalar próximamente un punto de acceso en A Tenencia (Ver nova en La Voz), o que dalgunha forma equilibrará o ofrecido en diversas zonas de Ares, Cervás e Chanteiro para que en Caamouco tamén se conte con este tipo de servizos. En Caamouco xa temos algunhas zonas de acceso libre a internet mediante WiFi promovidas por particulares (p.ex. no aparcadoiro de Redes), unha máis das iniciativas de servizos promovidas polos veciños. Agardamos con interese que se poida ir ampliando a outros espazos públicos. |
|