| Obras na Escola e sardiñada aprazada |
|
|
| Venres, 19 Xuño 2009 |
|
Hai unhas semanas instalábanse na Escola as últimas ventás que faltaban por substituir. Ademais disto cambiabánse os ferrollos de tódalas contras por uns de mellor calidade e de maior seguridade. Agora e o turno do xardín, onde se están a realizar unha serie de melloras que en breve poderemos ver. Xa hai tempo que estaba prevista, pero tivemos que agardar ata esta semana para que comezase a construción dunha barbacoa no xardín. As obras prolongaranse durante o que queda de mes e non hai unha data concretada para a fin do traballo. Por iso mesmo, a Directiva reuniuse esta semana para aprazar a tradicional Sardiñada que en principio estaba prevista para o día 27 deste mes. A Directiva determinou que, ante a imposibilidade de facer a festa ó tempo que se fan as obras, o máis conveniente era suspender temporalmente a celebración. Nesta web informarase proximamente da data definitiva na que terá lugar a Sardiñada na Agrupación Instrutiva. |

