| | Temos o gusto de anunciarvos un novo Blog de Caamouco.Net: "O Ferrado". Nesta ocasión un socio de Caamouco.Net, que deixaremos que descubrades leendo o seu blog, decide lanzar este espazo persoal aludindo ó famoso trebello no "que colle o pouco e mailo moito". Benvido! OFerrado.Caamouco.Net |
|
|
Novo Blog: Raspa.Caamouco.Net |
| | A saga dos Blogs de Caamouco continua, nesta ocasión presentámosvos este blog persoal, adicado de momento á crise, os bancos e os amigos dos poderosos (para criticalos), aireando algunha que outra nova que pode pasar desapercibida. O bloguer é dun veciño que xa distribuira algunha publicación de interese local e que agora atrévese a experimentar neste novo medio. Raspa.Caamouco.Net |
|
| | Queremos presentarvos este blog temático dun colaborador e veciño que lle da por facer rutas por aquí e por alá, e que ademáis ten a xenerosidade de compartilas con nós neste proxecto de Caamouco.Net Pateo.Caamouco.Net As páxinas teñen fotos e comentarios do que un atopa polo camiño, pero a mellor sorpresa está pinchando en "Máis" ou no título de cada recorrido... Puxo o listón ben alto! |
|
| | Como xa viñamos anunciando, comenzamos coa sección adicada á participación dos socios a través dos Blogs Persoais. Feitos na base do software libre WordPress. Hai varios en preparación, o primeiro en sair á luz é: Rabela de Mareantes (polo activo autor internáutico de CurbeiroLoxium, Porto de Redes... que se saiba) Desexamoslle unha boa andadura e ánimo a el e ó resto de bloggers, e que cunda o exemplo!. |
|
|
|
|
|