
|
|
Ultimamente non paramos de ver na televisión a noticia da solta de vison en granxas de Galicia, este visón é o americano e esta causando graves danos nas especies autóctonas do noso territorio. Fóra de entrar en polemica sobre as granxas, e o tratamento destes animais, me gustaria falar un pouco do termo “especie invasora”, pois considero que moitos de nós non somos conscientes da gravidade do asunto e descoñecemos cales son invasoras e cales non. |
|
|
Ler máis...
|
 |
|
Hai uns dez anos, leendo "O lapis do carpinteiro" de Manuel Rivas, aparecía como un auténtico manxar a referencia das castañas perfumadas con nébeda.
Intrigado por tal delicia preguntei ós meus pais e contáronme que as vellas de Mazaído (polas tres irmáns Varela Rico: María, Aurora e Carmen) facían as castañas cocidas con anís e con nébeda, pero que non sabían que herba era esa.
¡Vaia! , resulta que xa non se lles podía ir a preguntar, sobre todo a Aurora, da que teño os mellores recordos das suas conversas, e que era a cociñeira, alquimista da guinda e o licor de follas só para visitas, e boa "contadora de contos"... si se lle preguntaba.
Resolto a atopar a misteriosa nébeda, ¿quén podería saber dela?.
Por referencias ben acertadas, fun falar con Herminia, Gelucha e Antonio quen, con un ¡vaia oh! descubrironme o segredo desta pranta con fino aroma, que recorda ó da menta e o ourego, anque sin tantas estridencias.
|
|
|
Ler máis...
|
|
|
A Xunqueira é un espazo natural mesmo no límite de Caamouco coa vila de Ares, é un humidal no que recentemente o Concello levou a cabo unhas obras, iso sí, como podemos ver nas imaxes pendientes de innaugurar.
A obra consiste nun pequeno paseo de madeira que pasa entre as árbores e sin tocar o chan, por encima dunha zona húmeda e embarrada que tal e como rezan numerosos carteis o longo da obra é perigoso pisar xa que pode haber fochancas co conseguinte perigo de afondar nelas.
Conta tamén con dúas casetas que parecen ser de observación ornitolóxica, ideais para aqueles interesados en observalos paxaros que poidan andar por este paraxe pero, na nosa opinión, desacertadamente colocadas xa que dende elas o campo de xuncos hai que miralo entre un montón de frondosas plantas e árbores que seguramente no verán e en primaveira impidan poder observar con claridade as distintas especies de paxaros.
|
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|