Axenda CMR

Setembro 2010
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1 2 3 4 5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

O Seguinte....

03.09.2010 16:30 - 19:30
Curso de Perfeccionamento ó Kaiak de Mar

04.09.2010 11:00 - 05.09.2010 21:00
Parrocheira. Ferrol



Tempo Online de Caamouco.Net

CMR - Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria
Venres, 26 Febreiro 2010

O domingo 28 de febreiro de 2010 terá lugar no local da Tenencia a Asemblea Xeral Ordinaria do Club Marítimo de Redes. Se convoca a tódolos socios a asistir para coñecer o acontecido durante o ano 2009 e debatir sobre o futuro da asociación e os plans de actividades do 2010. A asemblea se celebrará ás 12:00 horas en primeira convocatoria e ás 12:30 en segunda convocatoria. Ao remate da mesma serviranse uns aperitivos para os asistentes.

A Xunta Directiva.

 
Faleceu Celso Manuel Santos Romero
Mércores, 30 Decembro 2009

Faleceu Celso Manuel Santos Romero, antigo compañeiro do Club Marítimo de Redes e veciño de Caamouco.
Aínda que nos últimos anos residía fora de Galicia, sempre estivo moi vencellado a Redes e ao CMR do que formou parte durante moitos anos como deportista e entrenador.
O seu velatorio será en Sada no tanatorio Apostol, fogar funerario nº 4, en Tarabelo nº 58. O enterro será no ceminterio de Caamouco o día 1 de xaneiro ás 17:00 h. Sairá de Sada ás 16:15.
Dende o Club Marítimo de Redes acompañamos no sentimento á familia de Celso.

 
Axuda para vaciar o Club Marítimo de Redes
Xoves, 19 Novembro 2009
O vindeiro sábado 21 de novembro, ás 10.00 h un camión do Concello de Ares estará no local social do club para vaciar o que falta. Se necesita axuda porque temos que deixar todo vacio esta semana.

Un saúdo e moitas gracias.

 
Proxección de Video do Desafío 2009
Domingo, 30 Agosto 2009

 

Luns 31 de Agosto ás 20:00h nos locais da Agrupación Instructiva (A Tenencia).

O Club Marítimo de Redes invita nun acto público á proxección dunha filmación sobre o Desafío Redes-Irlanda celebrado dentro dos actos da VII Regata de Embarcacións Tradicionais do pasado 17 de xullo.

 

 
Calendario de Vela Tradicional do Golfo Ártabro
Xoves, 06 Agosto 2009

Os Patexeiros de Sada están que se saen, e para eso teñen organizado un sistema de puntuacións en función da clasificación en regatas de Vela Tradicional ou asistencia a concentracións. Deronlle en chamar "Copa Patexeiros", e a seguinte convocatoria é este Sábado 8 en Sada, á tarde. Do calendario queda o seguinte:

Data Actividade Organiza
Lugar
Hora
08/08/2009
3ª regata da liga de verán de vela tradicional
C. N. Recreativo de Sada / Os Patexeiros
Sada17:00
15/08/2009
Concentracion de embarcacions tradicionais C.N. Ares
Club Naútico Ares
Ares
 
22/08/2009 
4ª regata da liga de verán de vela tradicional 
C. N. Recreativo de Sada / Os Patexeiros
Sada
17:00
05/09/2009 A Parrocheira
Club do Mar Ferrol
Ferrol
 10:00-20:00

Máis información AQUÍ.

 
Cursos de vela e/ou windsurf xullo e agosto
Martes, 21 Xullo 2009

windsurfBaixo o título: ¿En Redes? ¡A todo trapo!, o Club Marítimo de Redes organiza os cursos de verán de vela e/ou windsurf. Coma sempre os grupos moi reducidos, máximo 4 persoas por grupo, prezos reducidos, e neste ano os horarios serán de 11,30 a 13,30 mércores, venres e sábados. En función da demanda poderían ampliarse nos mesmos días de 13,30 a 15,30.

Requisitos: Saber nadar, ter máis de 14 anos (os menores de 18 anos deberán presentar autorización), e traer ropa axeitada. Ademais os de windsurf deberán ter traxe de neopreno, escarpíns de suela ou similares.

Máis información no documento anexo.

 
O Club Maritimo participou no IX Encontro en Muros
Luns, 13 Xullo 2009

Finalmente foi a dorna Galicia do Club Marítimo de Redes a que asisteu ó IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, este ano en Muros. Alí atopamos tamén ós veciños de Ferrol, Sada e Coruña, co mellor dos ambientes.

O sábado foi o día en que a dorna navegou, mañán e tarde, pola ría de Muros-Noia, nunhas condicións difíciles de mellorar.

Ler máis...
 
Despedida dos cursos de windsurf
Domingo, 28 Xuño 2009
  

O pasado venres 26 de xunio se celebrou no Club Marítimo de Redes unha pequena festa de despedida dos cursos windsurf celebrados nos meses de maio e xuño. Máis de 20 alumnos pasaron nestes dous meses polas clases de Andrés, o monitor que xa leva uns anos colaborando con nós e ao que agradecemos moito o esforzo e o bon facer nestes cursos. A xornada de despedida empezou cunha navegación libre e rematou cunha churrascada no castelo.

Nestes momentos estamos a preparar os cursos de vela e windsurf de xullo e agosto. Máis información próximamente aquí.

 
Cursos de Windsurf Marítimo de Redes
Sábado, 02 Maio 2009

Os cursos de windsurf do Club Marítimo de Redes comezan o día 9 de maio, 4 sábados ou 4 domingos en horario de mañá. Estamos a preparar os grupos de xuño, APÚNTATE.

Prezo: 20€ socios/as e 40€ Non socios/as

Requisitos: Saber nadar, 16 ou máis anos (menores de 18 anos con autorización dos pais ou titores, por escrito), traxe de neopreno, escarpines con suela ou similares.

Información e inscripcións: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo   607217916

Ler máis...
 
O Marítimo de Redes despraza aos de Ares no seu Gran Prix de Vela
Mércores, 11 Marzo 2009

11/03/09 Dous barcos de Redes quedan primeiro e segundo en clase 2 no Gran Prix de Inverno do Club Náutico de Ares.

O Golafre de Benito Calvo queda primeiro na liguiña, cun terceiro na derradeira proba do sábado 7 de marzo, e o Pingón de José Manuel Naveiro, acada un segundo na xeral, vencendo na citada proba.

Unha mágoa para os de Ares, pero é que non se pode gañar sempre....
A ligazón de La Voz

 
Preparando o IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
Domingo, 15 Febreiro 2009

 

Este ano toca Muros, do 8 ó 12 de Xullo. Na Federación xa están facendo preparativos, o primeiro que veremos será a páxina web do Encontro. De momento xa temos o cartel.

Os afortunados xa están pensando en arranxar o seu barco para acudir, non se pode faltar!!. Contamos tamén con ver por alí a embarcacións coa bandeira do CMR.

Máis información na FGCMF

 
Roubo no CMR
Sábado, 03 Xaneiro 2009

Esta fin de semana algún amigo do alleo decidiu acercarse ás instalacións do Club Marítimo de Redes para sacar un peso de enriba. Os ladróns entraron por unha fiestra da parte sur do Club e levaron todos os discos e barras de pesas. O club posúe ou posuía algúns aparellos para facer exercicio e unhos poucos socios utilizabanos de forma regular. O menor dos males é que non hai destrozos como noutras ocasións, abriron a fiestra con moito coidadiño para non romper nada e levaron o que tiveron a ben levar.

Este ano cúmprense 40 anos que uns veciños decidiron xuntar cartos para adquirir uns terreos onde construir a sede do Club Marítimo de Redes, quizais grazas a eles hoxe temos unha sociedade que nalgúns eidos é un referente en Galicia, como son as seccións de kaiak de mar e a de vela tradicional. Quizais grazas a estes "fundadores" este ano estamos a piques de conseguir cambiar ese edificio por un novo, axeitado aos novos tempos e ás novas necesidades ou posibilidades.

Agardemos que estos lamentables feitos non se repitan e poidamos disfrutar dunha nova sede con máis posibilidades e cun mellor servicio para os socios do noso Club Marítimo de Redes.

 
Convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria
Sábado, 03 Xaneiro 2009

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 

DOMINGO 2 DE MARZO DE 2008

Ler máis...
 
Jesús Audisio Santos
Sábado, 03 Xaneiro 2009

 

O Club Marítimo de Redes quere expresar o seu pésame polo falecemento de Jesús Audisio Santos. Impulsor do club nas súas primeiras etapas e tamén foi entrenador, aprendendo a remar a moitos dos rapaces que pasaron polas filas do CMR.

Actualmente era colaborador nalgunhas das actividades do club e patrón habitual do "Okeechobe" nas súas singladuras.

Comentarios recibidos

Alá vai Suso o Meiriño, ou como preferíamos chamarlle no Marítimo: Sufuruco. Botarémolo de menos cando vaiamos a Ferrol “en procesión” de botes, dando algún que outro berro cando se colguen as redes nas cabrias ou aquel cabo non esté no seu sitio.

 
Barco bonito na Ría
Mércores, 15 Outubro 2008
Barco de Noite na Ría de Ares 

Sí, é denoite, pero eiquí tendes a fotografía dun barco que nos veu a visitar estos dias na Ría, parece que se trata dun buque escola, un barco fermoso que polo falar do que oimos así no silencio da noite parece contar con algún alemán a bordo.

Agardamos que os próximos días poidamos velo de día e con un pouco de sorte tirarlle unha foto diurna, esta foto sacámola dende o peirao de Ares a iso das 22:15 da noite de hoxe.

Vai ser que non era alemán... :) polo menos a bandeira. Parece que andan facendo turismo completo e ata pasaron pola plaza de Ares a facer algúns víveres :)

 
40 Aniversario do CMR
Domingo, 10 Agosto 2008
 
2008 duas Sociedades de Caamouco no seu 40 Aniversario
Mércores, 02 Xullo 2008

Este ano duas sociedades de Caamouco están de aniversario, nada menos que 40 anos.

O Club Marítimo de Redes en 1968, que xa levaba participado en competicións de remo a nivel nacional, constituese como Club. Hoxe o remo non é o fundamental pero sí a sua actividade marítima e deportiva.

O Club de Tenis comenzóu con campeonatos na Area Morta, hoxe posue un bo plantel de socios e deportistas, ademais dunhas boas instalacións. Según as nosas fontes este ano aproveitarán para conmemorar o aniversario con algunha competición na Area Morta.

Noraboa ás duas sociedades e agardamos as merecidas celebracións.

 
Roubo no Club Marítimo de Redes
Mércores, 11 Xuño 2008

Esta fin de semana algún amigo do alleo decidiu acercarse ás instalacións do Club Marítimo de Redes para sacar un peso de enriba. Os ladróns entraron por unha fiestra da parte sur do Club e levaron todos os discos e barras de pesas. O club posúe ou posuía algúns aparellos para facer exercicio e unhos poucos socios utilizabanos de forma regular. O menor dos males é que non hai destrozos como noutras ocasións, abriron a fiestra con moito coidadiño para non romper nada e levaron o que tiveron a ben levar.

Ler máis...
 
Tornado fronte ao Porto de Redes (18/05/08)
Domingo, 18 Maio 2008

Esta primaveira invernal que vivimos é bastante rara. Moita choiva, friaxe, cambios moi rápidos, xa tarda en chegar o bo tempo.

Pero o de hoxe en Redes é un fenómeno certamente fóra do normal. Segundo as testemuñas consultadas por caamoucoNet, todo comezaba pola mañá, despois das 11:30. Primeiro choiva, cun vento forte e de dirección cambiante. Logo apareceu o tornado, mentres no Porto de Redes o vento calmaba. As persoas que poideron velo afirman que era espectacular, as imaxes que temos foron tomadas cando xa se desfacía. Ainda así paga a pena velas. (pincha nas miniaturas)

 
Asamblea Xeral do Club Marítimo de Redes
Xoves, 28 Febreiro 2008

Domingo 2 de Marzo na Agrupación Instructiva

Ler máis...