Axenda CMR

Setembro 2010
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1 2 3 4 5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

O Seguinte....

03.09.2010 16:30 - 19:30
Curso de Perfeccionamento ó Kaiak de Mar

04.09.2010 11:00 - 05.09.2010 21:00
Parrocheira. Ferrol



Tempo Online de Caamouco.Net

8º Festival Callos&Blues
Cartel Callos

O vindeiro sábado 27 de marzo de 2010, O Club Marítimo de Redes organiza na Agrupación Instructiva de Caamouco a 8ª edición do Festival Callos&Blues.

Como ven sendo habitual haberá unha degustación de callos a partir das 21:30 horas, o prezo será de 3 euros e pódese repetir ata que se baleiren a potas.


Ler máis...
 
Xuntanza de Windsurf

I Xuntanza de Outono “Parroquia de Caamouco”

Sábado 14 de Novembro

O Club Marítimo de Redes organiza para os afeccionados ao wíndsurf, no Cámping do Raso, unha pequena competición co obxecto de promover este deporte na bisbarra de Ferrolterra.

As clases participantes serán as de Fórmula Windsurfing, Raceboard, Techno e unha clase Open.

Para as clases FW, Raceboard e Techno o percorrido consistirá nun circuíto de boias tipo triángulo olímpico, cun barco de comité encargado de dirixir a saída e a chegada. Se a meteoroloxía o permite, realizaranse 4 mangas para cada clase.

A duración de cada manga será de aproximadamente 25 min existindo un tempo de descanso entre manga e manga duns 10 min.

Ler máis...
 
Cursos de windsurf en setembro

O Club Marítimo de Redes organiza os cursos de setembro de vela e windsurf. Coma sempre os grupos moi reducidos, máximo 4 persoas por grupo, prezos reducidos, e neste ano os horarios serán os sábados ou domingos pola mañá.

Requisitos: Saber nadar, ter máis de 14 anos (os menores de 18 anos deberán presentar autorización), e traer roupa axeitada. Ademais os de windsurf deberán ter traxe de neopreno, escarpíns de suela ou similares.

 
Windsurf en Ferrol

Xornadas de iniciación ao Windsurf en Ferrol. Do 22 ao 26 de xullo, na praia de Caranza, horarios de 15.00 a 19.00. Organizada polo club Ferrolvento Windsurf, e o Concello de Ferrol, conta coa colaboración do Club Marítimo de Redes.

Máis información en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 610798058

 
Confirmado: "DAKIDARRIA" actuará en Redes


Xa  é  oficial, o grupo "DAKIDARRIA " actuará en Redes o vindeiro sábado 18 de Xullo nos actos da VII Regata de Embarcacións Tradicionais. O grupo pontevedrés será un dos grupos que pecharán esta edición.

Podemos adiantar tamén que como tódos os anos, haberá churrascada popular pola noite.

Próximamente sairá máis información sobre o programa nesta web.

Ler máis...
 
Xornada de traballo
O vindeiro domingo 21 de xuño ás 11:00 h. da mañá, haberá unha xornada de traballo no Club Marítimo de Redes para preparar as embarcacións (dorna e caravelle), así como adecentamento das instalacións. Pedimos a colaboración de tódos aqueles que queiran axudar nestas tarefas a achegarse polo Club e de paso coñecer as actividades e os proxectos que o Club ten para este ano.

A Xunta Directiva do CMR.
 
Ateneo Ferrolán - A construción naval na Ría de Ferrol

Ateneo saca a rúa a publicación do nº 19 dos Cadernos Ateneo Ferrolán, e fará a presentación o vindeiro 8 de abril, venres, ás 20h no seu local social.

Ler máis...
 
Callos&Blues 2008

 

Xa están aquí os Callos&Blues...

 

Máis blues que nunca...

Próximamente máis detalles aquí...

 

 
Rockaamouco 2008
Rockaamouco 2008
 

Xa está en marcha a VI ediciión do festival Rockaamouco. Será o sábado 6 de decembro no local da Agrupación Instructiva de Caamouco.

Os actos darán comenzo sobre as 22:30 horas cunha proxección dos seguintes audiovisuais:
  • Desembarco dos piratas de Río Castro en Redes.
  • Documental da TVG sobre os botes de Maniños nas rías de Ares e Ferrol onde interveñen dous veciños de Redes, Manuel Picallo e Adolfo Deus.
  • Documental da TVG sobre o desafío Redes - Irlanda entre o Abur, patroneado por Paco Varela, e o Sauntress, patroneado por Martin O`Scannall.
  • Fotos da VI Regata de Embarcacións Tradicionais.

Sobre as 23:30 horas daran comenzo o festival. Este ano a cargo de dous grupos excepcionais: Sweet Oblivion Band e Dr. Gringo.

Ler máis...