Faleceu Celso Manuel Santos Romero
Mércores, 30 Decembro 2009

Faleceu Celso Manuel Santos Romero, antigo compañeiro do Club Marítimo de Redes e veciño de Caamouco.
Aínda que nos últimos anos residía fora de Galicia, sempre estivo moi vencellado a Redes e ao CMR do que formou parte durante moitos anos como deportista e entrenador.
O seu velatorio será en Sada no tanatorio Apostol, fogar funerario nº 4, en Tarabelo nº 58. O enterro será no ceminterio de Caamouco o día 1 de xaneiro ás 17:00 h. Sairá de Sada ás 16:15.
Dende o Club Marítimo de Redes acompañamos no sentimento á familia de Celso.

 
Axuda para vaciar o Club Marítimo de Redes
Xoves, 19 Novembro 2009
O vindeiro sábado 21 de novembro, ás 10.00 h un camión do Concello de Ares estará no local social do club para vaciar o que falta. Se necesita axuda porque temos que deixar todo vacio esta semana.

Un saúdo e moitas gracias.

 
Xuntanza de Windsurf
Luns, 26 Outubro 2009

I Xuntanza de Outono “Parroquia de Caamouco”

Sábado 14 de Novembro

O Club Marítimo de Redes organiza para os afeccionados ao wíndsurf, no Cámping do Raso, unha pequena competición co obxecto de promover este deporte na bisbarra de Ferrolterra.

As clases participantes serán as de Fórmula Windsurfing, Raceboard, Techno e unha clase Open.

Para as clases FW, Raceboard e Techno o percorrido consistirá nun circuíto de boias tipo triángulo olímpico, cun barco de comité encargado de dirixir a saída e a chegada. Se a meteoroloxía o permite, realizaranse 4 mangas para cada clase.

A duración de cada manga será de aproximadamente 25 min existindo un tempo de descanso entre manga e manga duns 10 min.

Ler máis...
 
Cursos de windsurf en setembro
Domingo, 30 Agosto 2009

O Club Marítimo de Redes organiza os cursos de setembro de vela e windsurf. Coma sempre os grupos moi reducidos, máximo 4 persoas por grupo, prezos reducidos, e neste ano os horarios serán os sábados ou domingos pola mañá.

Requisitos: Saber nadar, ter máis de 14 anos (os menores de 18 anos deberán presentar autorización), e traer roupa axeitada. Ademais os de windsurf deberán ter traxe de neopreno, escarpíns de suela ou similares.

 
 
Vela: La Rabuda suma e segue.
Martes, 21 Xullo 2009
tripulante la rabuda

María del Carmen Rey-Seijo, tripulante de La Rabuda, e o Presidente da Excma. Deputación Provincial Da Coruña Salvador Fernández na entrega de trofeos.

 

Se na regata do RCN Coruña "XI Trofeo Castelo de San Antón. Gran Premio Repsol" era o Pingón o que facía un segundo posto, na clase ORC 2. Esta pasada fin de semana era o barco La Rabuda, o que se mostraba intratable en Ares. Na regata do CN Ares, "Illas Mirandas - I Trofeo Concello de Fene", o barco do Club Marítimo de Redes non só quedaba primeiro na súa clase, tamén o facía na xeral global, fronte aos barcos de clase 1, en teoría moito máis rápidos.

Na clasificación da clase 2 o acompañaba no segundo posto outro barco de Redes, o Golafre.

Noraboa para todos/as

 
Windsurf en Ferrol
Luns, 20 Xullo 2009

Xornadas de iniciación ao Windsurf en Ferrol. Do 22 ao 26 de xullo, na praia de Caranza, horarios de 15.00 a 19.00. Organizada polo club Ferrolvento Windsurf, e o Concello de Ferrol, conta coa colaboración do Club Marítimo de Redes.

Máis información en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 610798058

 
Finalmente houbo un triple desafío de vela tradicional
Venres, 17 Xullo 2009

 

Os que se achegaron hoxe ata Redes poideron contemplar un triple desafío de vela tradicional, un lado os xa anunciados Sauntress-Abur e Trebón-Masmadera, e por outro a novidade do Mariñán II-Okeechobe.

A brisa comenzou soplando xererosa e, anque amainando ó final da tarde, mantivose tempo abondo como para que se poidesen dar as correspondentes viravoltas e deixarnos estas fermosas imaxes.

Igualados a maior parte do tempo o Ilrandés e Paco, a cousa estivo moi discutida ata o final en que o irlandés, na última baliza, fixo unha maniobra á desesperada.

O Trebón, pola sua parte, cumpleu, con algún susto, pois pasaronlle un pouco adiante da Igrexa de Centroña, e eso que o Masmadera rompera un obenque.

Dos vela latina, os máis enxebres, e cada un coa verga a un lado distinto, vimos como Okeechobe collía a dianteira para logo, despois da primeira baliza, quedarse a mirar si había fanecas enfrente do Cabalo, e non había.
 
Por certo, gañaron o Abur, o Trebón e o Mariñán II.




 
VII Regata de Embarcacións Tradicionais "PORTO DE REDES"
Mércores, 01 Xullo 2009

Xa falta pouco para voltar a ver Redes cheo de velas, de xente e de festa. Un ano máis vai a ter lugar no Mar de Redes unha das citas máis importantes no calendario anual de festexos na parroquia de Caamouco: A REGATA.

Xa entre as mellores regatas tradicionais de Galicia. Un evento moi esperado por veciños e amigos aos que agardamos non defraudar nesta xa VII edición.

 

Pincha en leer máis para coñecer tódolos detalles ou na imaxe para ver o cartel

Ler máis...
 
Confirmado: "DAKIDARRIA" actuará en Redes
Xoves, 18 Xuño 2009

Xa  é  oficial, o grupo "DAKIDARRIA " actuará en Redes o vindeiro sábado 18 de Xullo nos actos da VII Regata de Embarcacións Tradicionais. O grupo pontevedrés será un dos grupos que pecharán esta edición.

Podemos adiantar tamén que como tódos os anos, haberá churrascada popular pola noite.

Próximamente sairá máis información sobre o programa nesta web.

Ler máis...
 
Sección de Vela Tradicional do Club do Mar Ferrol
Mércores, 29 Abril 2009

Xa teñen arranxado o problema do dominio, e unha renovada páxina web.