| Vela: La Rabuda arrasa en Ares. |
| Martes, 16 Xuño 2009 |
|
Ademais de dominar na súa categoría, sen rival, o barco de Redes patroneado por Antonio Díaz, fíxose co triunfo absoluto fronte a barcos, en teoría, moi superiores. Na mesma clase que a Rabuda, quedaba terceiro outro barco de Redes: o Golafre. Esta regata pecha unha primaveira que arrancaba co triunfo dos de Caamouco no Gran Prix de Primaveira do CN Ares, cun primeiro do Golafre, segundo do Pingón e terceiro de La Rabuda. Na regata de Primaveira do CN Sada salvaba a honra dos de Redes o barco La Rabuda, mentres o resto facían un papel "discreto". Na regata A2 do RCN Coruña as cousas foron peor, o Golafre non se presenta, e o Pingon e La Rabuda afúndense na clasificación. Menos mal que o noso mundialista Juan apareceu no Fucus (de Coruña) para facer un segundo posto. Outro experimento foi o do Golafre que fixo unha escapada á Ría de Ferrol para acadar un segundo posto. Agora só falta que os nosos o fagan tan ben nas regatas de Alto Nivel. Moita sorte. |


