Axenda CMR

Setembro 2010
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1 2 3 4 5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

O Seguinte....

04.09.2010 11:00 - 05.09.2010 21:00
Parrocheira. Ferrol



Tempo Online de Caamouco.Net

VII Regata de Embarcacións Tradicionais "PORTO DE REDES"
Mércores, 01 Xullo 2009


Xa falta pouco para voltar a ver Redes cheo de velas, de xente e de festa. Un ano máis vai a ter lugar no Mar de Redes unha das citas máis importantes no calendario anual de festexos na parroquia de Caamouco: A REGATA.

Xa entre as mellores regatas tradicionais de Galicia. Un evento moi esperado por veciños e amigos aos que agardamos non defraudar nesta xa VII edición.


Pincha en leer máis para coñecer tódolos detalles ou na imaxe para ver o cartel


Unha cousa que empezou sendo unha xuntanza dunhos poucos aficionados aos "aparadores" flotantes (como denominan algúns aos barcos de madeira), foi medrando ata convertirse nunha cita indispensable de mariñeiros de distintas partes de Galicia, e tamén por aficionados ao churrasco, as sardiñas ou a música.

Si tódolos anos a xente do Marítimo, directiva e colaboradores, moitos) fan un gran esforzo para que a festa se semelle o máis posible á mellor das festas posibles, este ano o esforzo vai un pouco máis alá, en tódolos aspectos.

O programa vai máis ou menos como segue:

  • Dende o luns 1 ó domingo 12 de xullo: Exposición "Ondas de Irmandade" no local da Tenencia. Organiza a Agrupación Instructiva de Caamouco.
  • Dende o luns 13 ó sabado 18 de xullo: Exposición "Embarcacións do Arco Ártabro ata Ribadeo" no local da Tenencia. Colabora a Agrupación Instructiva de Caamouco.
  • VENRES 17 DE XULLO

II Desafío "Redes - Irlanda", onde Paco e Martín, despois de estar preparando os barcos especialmente para este día, competirán unha vez máis, para desfacer o empate da pasada edición.

Ó mesmo tempo se disputará I Desafío "Trebón - Masma" onde nos dous barcos máis igualados de Redes, Andrés e Gelote defenderán a súa pericia como patróns.

  • SABADO 18 DE XULLO
Pola mañá:

Exibición de toque de "buguina".

Festa da cabria.

Sardiñada popular.

Pola tarde:

Gran Regata de Embarcacións Tradicionais "Porto de Redes".

Entrega de Trofeos.

Churrascada popular,

Concertos:

"Estimaba que viñeras" de San Xoan de Piñeiro, de aquí ao lado.

"DAKIDARRIA" un "jrupaso" do Val Miñor para rematar a festa. Hai enlaces con información sobre o grupo na anterior nova nesta mesma páxina.

Todos estos actos requiren un gran esforzo, tanto humano como económico. Por esa razón pedimos un pequeno esforzo a todos para que nos axudedes a que esta noticia se difunda, cóntallo aos teus amigos, mandadea por mail, poñedeo na vosa web, facebook, myspace. Tamén vos podedes unir ao grupo de facebook do "maritimo de redes".