Axenda CMR

Marzo 2010
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom

1

2

3

4

5 6 7

8

9

10

11

12 13 14

15

16

17

18

19 20 21

22

23

24

25

26 27 28

29

30

31

O Seguinte....

19.03.2010 16:00 - 18:00
Cursos Vela - Windsurf- GRUPO 1

20.03.2010 10:30 - 12:30
Cursos Vela - Windsurf- GRUPO 2

20.03.2010 12:30 - 14:30
Cursos Vela - Windsurf- GRUPO 3

21.03.2010 10:30 - 12:30
Cursos Vela - Windsurf- GRUPO 4

21.03.2010 12:30 - 14:30
Cursos Vela - Windsurf- GRUPO 5


Tempo Online de Caamouco.Net

A propósito dos 40º aniversarios.
Contribución do Blog En Redes Non Te Quedes

Corría o ano 1.965 cando apareceu a traiñeira por Redes.

Era unha vella embarcación que xa coñecera mellores tempos, estaba por algún almacén perdido quen sabe onde, abandonada por algún club que a cambiara por algo mellor. Pero foi a primeira embarcación da que dispuxemos e a que abreu camiño para a "creación" do club.

A “alma mater” de todo isto, neste caso foi Enrique Leite Paz, Ricucho. Foi quen trouxo a barca, quen se encargou de ilusionar aos mozos de Redes para que, primeiro, axudaran a reparar a traiñeira e logo remaran nela. Era adestrador, delegado nas regatas, mestre de obras,…. e ate pano de lágrimas a veces.

A traiñeira reparárase no muelle da Areamorta. Estaban as tracas do forro despegadas das cadernas en moitos sitios.

Recravaranse con puntas. Foi un traballo delicado xa que as cadernas eran moi finas e era dificultoso cravar dende fora e que coincidira a punta na caderna.

Ler máis...
 
A traiñeira
Contribución do Blog En Redes Non Te Quedes

Esta traiñeira bautizouna Manuel López Amado, e púxolle de nome, moi apropiado por certo, Derradeira.

Esta traiñeira foi a primeira embarcación do "Club Remeros de Redes" e con ela empezou a súa andaina a sociedade. Era o ano 1.965.

Remábamos, Rabanico de patrón, que nos facía pasar pola escancha do Mourón. Dicía: atentos, larga remos¡¡.. pasábamos arrimados ás pedras.... Dios ¡¡ .. que tempos ... Había que coller velocidade e que o mar fora calmo, si non!!.

Ler máis...