Axenda CMR

Marzo 2010
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom

1

2

3

4

5 6 7

8

9

10

11

12 13 14

15

16

17

18

19 20 21

22

23

24

25

26 27 28

29

30

31

O Seguinte....

12.03.2010 16:00 - 18:00
Cursos Vela - Windsurf- GRUPO 1

13.03.2010 10:30 - 12:30
Cursos Vela - Windsurf- GRUPO 2

13.03.2010 12:30 - 14:30
Cursos Vela - Windsurf- GRUPO 3

14.03.2010 10:30 - 12:30
Cursos Vela - Windsurf- GRUPO 4

14.03.2010 12:30 - 14:30
Cursos Vela - Windsurf- GRUPO 5


Tempo Online de Caamouco.Net

Vela: La Rabuda arrasa en Ares.

Ademais de dominar na súa categoría, sen rival, o barco de Redes patroneado por Antonio Díaz, fíxose co triunfo absoluto fronte a barcos, en teoría, moi superiores.

Na mesma clase que a Rabuda, quedaba terceiro outro barco de Redes: o Golafre.

Esta regata pecha unha primaveira que arrancaba co triunfo dos de Caamouco no Gran Prix de Primaveira do CN Ares, cun primeiro do Golafre, segundo do Pingón e terceiro de La Rabuda. Na regata de Primaveira do CN Sada salvaba a honra dos de Redes o barco La Rabuda, mentres o resto facían un papel "discreto". Na regata A2 do RCN Coruña as cousas foron peor, o Golafre non se presenta, e o Pingon e La Rabuda afúndense na clasificación. Menos mal que o noso mundialista Juan apareceu no Fucus (de Coruña) para facer un segundo posto. Outro experimento foi o do Golafre que fixo unha escapada á Ría de Ferrol para acadar un segundo posto.

Agora só falta que os nosos o fagan tan ben nas regatas de Alto Nivel. Moita sorte.

 
O Marítimo de Redes despraza aos de Ares no seu Gran Prix de Vela

Dous barcos de Redes quedan primeiro e segundo en clase 2 no Gran Prix de Inverno do Club Náutico de Ares.

O Golafre de Benito Calvo queda primeiro na liguiña, cun terceiro na derradeira proba do sábado 7 de marzo, e o Pingón de José Manuel Naveiro, acada un segundo na xeral, vencendo na citada proba.

Unha mágoa para os de Ares, pero é que non se pode gañar sempre....
A ligazón de La Voz

 
Vela para todos

 

Seguindo coa iniciativa de VELA PARA TODOS o Club Marítimo de Redes organiza un curso de iniciación á vela no mes de xullo.

Para máis información pincha na imaxe.

 
 
Curso de vela

 

O curso de iniciación á vela do CMR previsto para xuño xa está pechado, e en marcha.

Para o mes de xullo tentaremos programar outro das mesmas, ou similares, características.

Se queredes podedes facer unha preinscripción no email do club:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo (todo xunto sen espazos)

Deixade o voso nome e correo.

 
Vela. 45ª Regata Rías Baixas

Quinta etapa. Sanxenxo - Vigo. Os nosos voltan a situarse dentro do top ten da súa categoría, e a pesar do pequeno pinchazo quedan na xeral dentro dos 15 primeiros. Remate desta edición do Rías Baixas. Pincha no título desta nova para ver o resumo de toda a regata.

Ler máis...
 
Vela. "Copa do Rei", no barco gañador, un de Redes.

Moito sufrir ata o final, cunha abordaxe, con moita competencia, pero ao final, por un só punto, o Navantia de Jesús Pintos, no que navega o noso veciño Juan Filgueira, fíxose coa "Copa do Rei" en categoría IMS 670. Noraboa!!!

Galería de Fotos do Navantia.

 
Vela. Trofeo Teresa Herrera - Gran Premio Caixanova, "La Rabuda" reaparece.

Durante os días 25, 26 e 27 de xullo tivo lugar a regata "Trofeo Teresa Herrera - Gran Premio Caixanova", unha das poucas probas de alto nivel que se desenvolven na nosa zona. Cunhas condicións de vento moi complicadas e variables, os nosos presentaron 3 barcos a esta competición, na que se xuntou unha frota de case 60 barcos.

Ler máis...
 
Vela. Golafre recupera o ritmo do Marítimo de Redes.

Os méritos do noso mundialista no Navantia, que volveu a gañar en Alicante, XII Trofeo Tabarca Ciudad de Alicante, eclipsaron o meritorio posto do Golafre na XXI Regata Illas Sisargas 28 e 29 de xuño (RCN Coruña). E meritorio por dúas razóns: polas durísimas condicións cun vento duro e mar, nun percorrido coruña malpica, malpica coruña, e a segunda porque rompe unha pésima racha para os nosos nas regatas locais.

Ler máis...
 
Vela. Campionato de España IMS 670 2008
Do 26 ao 29 de xuño tivo lugar o trofeo Costa Azahar, en Castellón, primeira proba da tempada de IMS 670 e tamén campionato de España da modalidade. O Navantia, cun dominio case absoluto, gañando 4 das 5 probas, fíxose con este título que se lles resistía. Noraboa a toda a tripulación do Navantia, pero especialmente ao noso veciño Juan Filgueira.
 
Vela para todos

 

Seguindo coa iniciativa de VELA PARA TODOS o Club Marítimo de Redes organiza un curso de iniciación á vela no mes de xullo.

Para máis información pincha na imaxe.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 2