Axenda CMR

Marzo 2010
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom

1

2

3

4

5 6 7

8

9

10

11

12 13 14

15

16

17

18

19 20 21

22

23

24

25

26 27 28

29

30

31

O Seguinte....

19.03.2010 16:00 - 18:00
Cursos Vela - Windsurf- GRUPO 1

20.03.2010 10:30 - 12:30
Cursos Vela - Windsurf- GRUPO 2

20.03.2010 12:30 - 14:30
Cursos Vela - Windsurf- GRUPO 3

21.03.2010 10:30 - 12:30
Cursos Vela - Windsurf- GRUPO 4

21.03.2010 12:30 - 14:30
Cursos Vela - Windsurf- GRUPO 5


Tempo Online de Caamouco.Net

XVII Parrocheira. 5 e 6 de Setembro.

Próximo fin de semana.

Dende o Club do Mar de Ferrol chega a invitación para participar na XVII Parrocheira.

Para apuntarse ou conseguir máis información podedes falar con Maria Jesús Durán, Responsable de la Sección de Vela Tradicional do Club do Mar Ferrol.

Teléfonos de contacto: 629 33 96 47// 629 87 12 42

PROGRAMA:

Ler máis...
 
Abur, Sauntress e Teresa.

Ese é o podio da regata que tivo lugar coa Concentración de Vela Tradicional organizada polo Club Náutico Ría de Ares e coa colaboración do Concello de Ares este sábado 15 de Agosto. Destacado pois o papel das embarcacións de Redes, que ademáis de acadar os primeiros postos, supuxo un nutrido grupo no evento co Abur, Sauntress, Masmadera, Okeechobe, José Andrés e Mariñán II (6 de 13), que foi recoñecido na entrega de trofeos.

A proba transcurriu en medio de moitas outras de vela clásica, e o vento era un preocupante pero estable e lucido vento sur que nos permitiría dar outro par de voltas, pero asi foi, e mellor será outras veces.

 
 
Hoxe presentación do libro: "As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro a Ribadeo"

Na Galería Sargadelos ás 20.00, de hoxe día 13 de marzo, terá lugar a presentación deste libro de Bernardo Máiz e Enrique Freire.

Máis información nesta ligazón.

 
Festa da botadura

O vindeiro sábado 17 de maio, o Club Marítimo de Redes participará en Sada na Festa da Botadura, con motivo de dar a benvida a unha nova embarcación nesta ría. Aínda non se sabe exactamente cantas embarcacións do club participarán no evento, pero é moi posible que queden prazas libres para os que queiran asistir (socios gratis, non socios 10 €).


Ler máis...
 
Bote de Pao

 

O Tío Mini, que tanto quere o seu bote Pajarito, iniciou a construcción dunha réplica de nova construcción pero ó vello estilo, escollendo a madeira, sacando as formas, buscando as puntas de cobre. En fin, que quere respetar o deseño orixinal, as formas, os pesos, para ter algo novo pero de sabor antigo, sen presas.

Pero ademáis decideu compartir con todos a sua aventura, e para eso abriu unha páxina web na que ir contando o que vai pasando mentres pasa. Damos a benvida a Bote de Pao, que esperamos ver algún día en Redes tal como disfrutamos da beleza do seu avó, o Pajarito.

 


 

 
 
O Mariñan II na TVG
No programa "Proa a popa" da TVG do pasado domingo 6 de abril de 2008, saiu o barco de Redes Mariñan II con Manuel, e o seu fillo Alejandro, Picallo.
 
A nova páxina da galega, www.agalega.info, permítenos ter aceso á reportaxe.
A tedes AQUI
 
Sauntress en Classic Boat

 
ClassicBoat é unha revista británica, como o seu nome indica, de embarcacións clásicas, cunha especial adicación ás propulsadas a vela. Esta revista é un referente mundial no tocante a este tipo de embarcacións, e como tal se distribúe por todo o globo.

É unha publicación moi coidada, imaxes e textos de calidade, feita con cariño por xente que sabe de mar. ClassicBoat
Na edición de febreiro temos un barco coñecido para todos nós: o Sauntress, que xa leva uns anos tendo a Redes como porto base. Que o Sauntress e Martin son especiais o sabíamos moitos, que poderían salir no ClassicBoat era posible, pero que sexa portada desta publicación ... iso xa é o máximo, ainda que a foto do noso veciño Oscar algo tivo que facer niso ... porque que ninguén se equivoque, eiqui non temos marcas de barcos, de velas, de motores, ou de roupa, ... que poñan cartos para que isto salga de portada, non, o criterio é outro. Noraboa a Martin, a Luis, a Paco, a Oscar, teñen que estar todos orgullosos das cousas ben feitas.
 
Barcos de Caamouco no VIII Encontro

Xa se están a preparar as embarcacións tradicionais de Redes para lucir ben bonitas nas singladuras nas que participa o Clube Marítimo de Redes. A celebración do VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que terá lugar do 5 ó 8 de Xullo na Ría de Ferrol permite que todas as embarcacións de Redes poidan participar neste gran evento.

Ler máis...
 
Parrocheira 2008

 

Os de Ferrol xa o teñen listo, o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Ferrol, A PARROCHEIRA, terá lugar os vindeiros días 6 e 7 de setembro. (Sábado e Domingo)

Achégannos este orixinal cartel, feito cun collage (léase mezcladillo) das contribucións feitas polos alumnos de ESO do IES Ferrol Vello, nos que podemos apreciar a silueta dun coñecido barco con base no Porto de Redes.

O programa ten o seu día forte o sábado, pero con actividades e navegación o domingo á mañán. Conta con excursións, exposicións, bautismo, homenaxe, navegación e, como non, comida de confraternidade de tripulacións o SABADO.

CONSULTA O PROGRAMA

 
Vela Tradicional. Da Coruña e Ares.

O pasado día 9 de Agosto celebrouse a II Concentración de Embarcacións da Coruña, con duas embarcacións de Redes, e o día 16 de Agosto a II Concentración de Embarcacións Tradicionais de Ares, con 7 embarcacións de Redes.

Da Coruña obtivemos estas imaxes, destacando a fermosa estampa do "Punta Pragueira", que fan boa semente acudindo a cantos certames poden.




Ler máis...
 
VI Regata de Vela Tradicional. O Sauntress de novo.

Xa rematou a edición de 2008 da regata de embarcacións tradicionais "Porto de Redes", este ano especialmente adicada a memoria de Xesús Audisio Santos. De novo o impresionante "Sauntress" foi quen de levarse unha proba na que, xunto ao "Abur", solventaron o desafío que o venres tivera que ser suspendido pola falta de vento.

 

 
 

Detrás do barco de Redes, a dorna de Ares "Teresa" precedía unha dura loita entre moitos botes de Ribadeo, que gañaría o "Trebón" de Redes, co 4º posto diante de outro barco local, o "Masmadera", e outro Ribadeo, o "Cocodrilo".

A continuación o "Canouro" de Ferrol, remontando, e así ata 34 barcos, unha importante cifra que da idea da consolidación desta proba. O triángulo de regatas, se ben foi certamente curto, permitiu unha boa visibilidade, e rematar o percorrido a case todos os barcos.

 

Os piratas chegaron a Redes para raptar nada menos que ao Sr. Alcalde de Ares, e montaron unha boa, en Redes na tarde do sábado non collía ninguén máis, as dúas festas xuntas desbordaron a capacidade deste noso pequeno pobo. Eso sí, dentro do desmadre, un boísimo comportamento de todo o persoal.

Logo concertos e paparotas, para rematar estas festas.

 
XV Parrocheira




 
Vela Tradicional. Redes en Brest

Ata o 17 de xullo, na localidade de Brest (Bretaña Francesa), tivo lugar unha das maiores feiras de vela tradicional do mundo, no que Galicia foi un dos países convidados. A TVG adicoulle o programa de proa a popa do domingo 6 de xullo, podedes ver este programa nesta ligazón.

Os nosos estiveron alí, e xa podedes ver a reportaxe fotográfica na seguinte ligazón.


 
VI Regata de Embarcacións Tradicionais "Porto de Redes"
 

Xa chega a VI Regata de Embarcacións Tradicionais "PORTO DE REDES". Seguindo o modelo de outros anos, non faltarán a cabria, as sardiñas, o churrasco nin a festa.

Ogallá se alcancen e superen os 38 barcos inscritos na quinta edición.

O venres día 1 poderase disfrutar dun espectáculo único, regata a2 entre Francisco Varela, patrón do Abur e Martin O'Scannall, o noso irlandés de Redes, patrón do Sauntress. O campo de regata será diante do Porto de Redes e poderase disfrutar dende a Punta do Castelo de xeito espectacular.

Outra nova será a regata remos-vela, unha modalidade importada de Bretaña, moi divertida e vistosa.

Este ano coincide co desembarco pirata, o 2 de Agosto, boa ocasión para algunha actividade conxunta, e como os nosos navíos estarán no mar na regata, farán falla reforzos en terra para frear as tropas de Río Castro.

Ler máis...
 
Exposición NA BEIRA 2008

O domingo 1 xuño inugurouse na Coruña a exposición NA BEIRA "Patrimonio do Vento e do Sal: As embarcacións tradicionais galegas". Onde o anfitrión e organizador foron os Amigos das Embarcacións Tradicionais de Galicia, asociación integrante da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF).

A exposición foi presentada pola Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo e o Presidente da FGCMF, Fernando Piñeiro.

 

Ler máis...
 
Festa da Botadura en Sada 17 de Maio
O Club Marítimo de Redes vai participar neste novo evento de Vela Tradicional na veciña vila de Sada e invita á participación, embarcando e por mar.

(máis detalles nas novas e nas páxinas do CMR)
 
Sauntress, un superviviente de otras épocas.

Sauntress (palabra que significa "El Caminante") es el nombre de un viejo velero que haciendo honor a su nombre, en el transcurso de los años, surcó los mares del norte de Europa y ahora encontrándonos fondeados en la ensenada del Puerto de Redes, desde hace más de un año, patrón y barco recibimos la amable y sincera atención de las gentes de esta tierra gallega.

Me sugieren que cuente su historia, que me remonte a su construción y posterior restauración, a lo cual no puedo negarme como reconocimiento a las personas que aquí han contribuido de distintas formas a hacer de este sitio mí hogar.

Martin O'Scannall,el marino irlandés que está dando vida al Sauntress

Ler máis...