|
Descobre con nós o Porto de Redes |
|
A Agrupación Instructiva de Caamouco quere transmitir o seu agradecemento aos participantes na xornada "Descobre con nós o Poto de Redes" celebrado o pasado 20 de agosto.
Foto en maior tamaño Premer na miniatura. Para gardar a foto Premer no botón dereito e seleccionar Gardar imaxe ou Gardar imaxe como.
|
|
|
Dende o sábado 21 de Agosto ata o sábado 4 de setembro desenvólvese este campeonato, en categorías Infantil e Junior (M e F). A fase previa: 21 e 22, a fase final do 24 de agosto ó 4 de setembro, con premio para tódolos finalistas.
|
|
O Golafre arrasa na Regata Infanta Elena-Trofeo Caixa Galicia |
|
A victoria do barco de Benito Calvo foi total xa que venceu en todas as mangas da súa categoría, algo que non sucedeu no resto das categorías, no que o dominio dun só barco non foi tan contundente.
A Regata Infanta Elena-Trofeo Caixa Galicia é a proba de máis alto nivel das celebradas nas Rías Altas.
O seu máis directo rival foi outro barco de Redes, La Rabuda, que fixo segundo na categoría pero moi afastado en puntos do Golafre. Noraboa para a tripulación do Golafre!!!
|
|
|
Cuarto Minguante e Lagarteiras |
|
Hoxe ás 17:23 será o punto exacto do cuarto minguante da lúa nascida en agosto; o que se coñece como A Minguante de Agosto, que ven a ser esa época do ano en que, seguindo a tradición, hai que recoller as herbas aromáticas (ourego, nébeda, manzanilla, herba luisa, tomillo...) que se queiran poñer a secar, porque estarán no seu mellor punto de aroma.
Tamén é a mellor época para outras cousas, como talar unha arbre da que se queira sacar a mellor madeira, posto que a circulación de savia é mínima e aminorase a posibilidade de que pasme. Pero tamén é a antesala do outono e das mareas Lagarteiras de Agosto, anque sexan en setembro, e que terán este ano o seu punto álxido o día 9, coa nova, e o día 24, coa chea. Por qué se lles chamará lagarteiras? |
|
Ler máis...
|
|
Aínda faltaban tres anos para que o home chegara a lúa, cando uns homes de Redes saían por primeira vez de Galicia para participar no campionato de España de traiñeiras na fermosa baía de Santander. ¡Toda unha proeza para a nosa aldea!, pequeniña coma agora pero con moita máis actividade humana e mariñeira por aqueles tempos.
O periplo consistía en dúas fases e dúas naves. Unha nave era o autobús de Ramón de Ares (que en paz descanse) que tiña que transportar dezaseis motores humanos e a maiores portar unha segunda nave, a nosa traiñeira, ata ao Sardiñeiro. Coma en todo proxecto importante xurdiron problemas técnicos, a segunda nave tivo que quedar en Redes, polo tremendo peso que tiña, ¡Era coma un piñeiro!. Ainda así, o autobús tardou 27 horas en cruzar a atmosfera asturiana. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 1 de 4 |