|
Facendo unha pequena homenaxe a estas construcións características do Norte Ibérico, que tan útiles foron en outros tempos e que agora atópanse entre o olvido e a nostalxia. Recóllense imaxes duns poucos que aínda se poden ver no noso Caamouco. A situación é variopinta, dende os que gustan de ter esta construción preto da súa casa como elemento decorativo, os que aínda lle dan unha utilidade, os que están esquecidos e non os derruban porque aínda senten algo por eles, os que nalgún tempo foron modernos de ladrillo pero que agora non son apreciados, pero seguen alí. Algúns aínda nos lembramos dalgún exemplar, de antiga construción e en lugar significativo, pero que lamentablemente hoxe están ausentes, van tamén algunhas imaxes do que deles queda. |