Calendario

Marzo 2010
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1 2

3

4 5 6

7

8 9

10

11 12 13

14

15 16

17

18 19 20

21

22 23

24

25 26 27

28

29 30

31

Centenario da AIC

Enlaces AIC



Tempo Online de Caamouco.Net

O ensino en Caamouco na segunda metade do século XIX e mediados do XX PDF Imprimir

 

O Porto de Redes foi o núcleo urban onde se encontraban as antigas escolas da parroquia.

Tense documentada a existencia dunha Fundación Pía, na Plaza do Campo en 1849, adicada ao ensino, que de momento se considera como a primeira escola de Caamouco. Fundador da mesma foi D. Andrés Purriños Díaz, indiano afincado en Bos Aires (Arxentina). Na compra dos terreos e constitución da fundación participou D. Juan Pondal e seu fillo D. Eduardo Pondal.

Tamén se encontra documentada a existencia dunha escola do Estado, posterior a escola Pía, que estuvo ubicada primeramente na Avda. de Gaspar Rodríguez nº e despois no número da misma calle.

A precariedade de medios, baixa calidade do ensino e falta de continuidade nas clases, motivou que en moitas ocasións a xuventude de Caamouco fora a escola a Pontedeume.

A falla dunha escola axeitada, a necesidade de unha boa formación para ter acceso a mellores traballos na emigración. Foron, entre outras, as causas que levaron a fundación da Agrupación Instructiva de Redes-Caamouco.

Alumnos da escola de María Aldao,natural de Cuba, atopabase na calle do Medio, ano 1904.
 

Alumnos da escola de Natividad, atopabase na calle Nova, ano 1910. 
 
A Fundación PDF Imprimir

Para poñer remedio a precariedade do ensino na parroquia, os emigrantes que se atopaban na Habana fundan, ano 1911, a Agrupación Instructiva de Redes-Caamouco, construindo a escola da Tenencia, ano 1914.  Exemplar institución que ainda hoxe se encontra activa.

Como persoas relevantes da etapa fundacional, hai que destacar a D.Modesto Casal e D.José Cerdido, presidente e secretario da Xunta Directiva residente na Habana. A Delegación de Caamouco estaba formada por D.Nicolás Noche, presidente, D.Cesáreo Seijas, vicepresidente, D.Vicente Seijas, secretario, D.Juan Pérez Pico, vicesecretario, D.Nicolás Casas, tesoureiro, D.Valeriano Rojo, vicetesoureiro, D.Francisco González, D.Enrique Prieto, D.Francisco Anca e D.Fernando Anca, vogais.

 
Edificio da Agrupación Instructiva de Caamouco, construido no ano 1911, sendo o constructor D. José Calvo. Costo: 18.000 pts.
   

 D. Nicolás Noche Castro
 

 Membros da Xunta Directiva e da Delegación de
Caamouco, cos profesores d. Daniel López e Dna.
Esperanza Iglesias, ano 1914.
 

Recibo da cuota mensual dun socio viverista residente en Casa Blanca (Cuba)
Ler máis...
 
Etapa Post-Fundacional PDF Imprimir

Os veciños da bisbarra se volcaron a favor do ensino que propugnaba a Agrupación Instructiva de Redes-Caamocuo, enviando os seus fillos as clases que se impartian na Tenencia. Mentras no Porto de Redes continuaba funcionando a escola do Estado.


 Alumnos/as da Agrupación Instructiva de Redes-Caamouco, ano 1920, entón cento sesenta nenos/as asistian a diario a suas aulas  Alumnos da escola do Estado situada por aquel entón na Avda. de Gaspar Rodríguez nº -- , ano 1930

 

 

 
Etapa da Postguerra PDF Imprimir

A Guerra Civil supuxo para estas institucións escolares laicas, o remate duna labor auspiciada dende alén do mar. Na ética imposta polos vencedores da contienda, non tiñan cabida estas institucións, laicas e nadas ao caron dun ideario progresista, fruto dunha liberdade de pensamento e de acción. Por estas e outras razóns, as escolas cesaron na sua actividade escolar, moitas perderon a sua condición de sociedade privada e pasaron a ser institucións do Estado, outras coma a Agruapación Instructiva de Redes- Caamocuco, conservaron o seu carácter privado. D. Francisco Bello Casteleiro, foi o home a quen se debe que a escola non fora incautada, el defendeu ante as autoridades provinciais do reximen, incluso con risco para a súa integridade persoal, o carácter privado e negouse a que fora transferida, quedando nas mans dos socios que tanto traballaran para facela realidade.

Reconvertida en escola do Estado, pero sin perder a sua condición de sociedade privada, mantivo sua actividade escolar ata o ano 1973, momento no que se realiza a concentración escolar en Ares.

Para a inauguración do centro escolar de Ares, levanse todos os mobles das aulas e dependencias da Tenencia, quedando o edificio escolar totalmente desmantelado, despois de 59 anos de servicio á xuventude da bisbarra e en particular da Parroquia.

 
Alumnas curso 1957/58, coa súa Maestra da. Mª Luisa

Alumnas na aula Rosalía de Castro ano 1955
 
Etapa Contemporánea PDF Imprimir

No ano 1974, se constitue un aula para párvulos que devolve ao fin fundacional o edificio da Tenencia. A persoa que se significou neste empeño, foi D. Francisco Blanco Bonome, persoa emigrada na Habana durante a maior parte da súa vida e retornado ao Porto de Redes despois do triunfo de Fidel Castro.

Coa cegada do ano 1988, un grupo de socios plantexa dinamizar a sociedade, que ainda se mantiña constituida, e propon recuperar o edificio, deteriorado polo paso do tempo nas suas estructuras de madeira, e sin deixar o fin fundacional, mantendo a escola de párvulos, reconvertilo nun centro cultural.

Transcurridos quince anos dende o comenzo da etapa renovadora, a transformación que se produxo na sociedade representa a andaina dun grupo de socios, empeñados en aquel espiritu dos emigrates, que se materializou na Tenencia, cheo de entrega e amor a xuventude e a cultura, este presente nas actividades que se veñen desarrollando.

Hoxe, o impulso renovador esta dando os seus frutos. Dende a Sociedade se lidera a recuperación histórica da Parroquia, con diversos traballos: revista de Historia Local “A Tenencia”, video “Lembranzas dun Pobo, Redes 1912-1958” e ártigos diversos en prensa radio e televisión.

Recuperanse as tradicións populares: Magosto e Samain, Festa da Sardiña, Festa do Antroido, etc. Tamén se atende a formación cultural e artística con talleres de manualidades, clases de música, pintura, fruticultura, etc.

Toda a actividade desarrollada na Sociedade ten carácter aberto a todos os veciños e a consolida como dinamizadora da Parroquia.

 
 Celebracion do 75 Aniversario da Fundacion Izado da bandeira cubana por Dona Anisia Miranda e D. Jose Prego
 
 
 Lembranzas dun Pobo. Redes 1912-1958 Video. Memoria dos anos 2000-2001 Revista A Tenencia Numero 2,ano 2002
 
Escola de Seselle PDF Imprimir

 D. Gaspar Vizoso Cartelle, nado en Seselle- Caamouco, rico emigrante con importante participación na ferraxeria Casteleiro y Vizoso da Habana (Cuba), construie a medio camiño entre Seselle e o Porto de Redes, unha escola que dona ao concello de Ares, en condición de usufrutuario, mentras se manteña actividade escolar nela, una vez que cesou a actividade escolar pasou a familia do fundador por encontrarse así recollido nos documentos de doación, como así ocurreu. Comenza a funcionar no ano 1931, orientada a evitalo desplazamento dos nenos de Seselle e lugares próximos, as escolas da Alianza Aresana (Ares) ou a da Tenencia no Porto de Redes. Funciona esta escola dende o ano da súa fundación ata o ano 1973.