|
O pasado 24 de Setembro saiu publicado no DOG unha nova normativa que regula a pesca de recreo, tanto de superficie como submariña.
<Podes consultar aquí o texto da orde>
Establécense tanto as condicións para a pesca de superficie (máis ou menos como a anterior), a submarina (un pouquiño máis complicada). Anuncia tamén o método de obtela via escrita, electrónica, convalidacións ... e achega uns cantos formularios. E máis cousiñas, como os topes (5kg, só unha peza que pase, dous polbos... ou 16 kg por embarcación si hai tres pescadores a bordo con licenza), os cebos, aparellos.
Lectura obrigada para evitar "sorpresas". |