Lotería de Nadal
Mércores, 29 Outubro 2008

 

O Club de Tenis de Redes pon a disposición de socios e amigos as habituais participacións de Lotería de Nadal para aqueles que desexen compartir con nós esta tradición.

O número elexido este ano é o 73187, as participacións de 5 euros pódense atopar tanto nas instalacións do Club como en outros establecementos de Caamouco.

¡E que haxa sorte!

 
En marcha o XV Open de Redes
Martes, 24 Xuño 2008

A fase previa desenvolveuse os días 21 e 22 de Xuño, e ata o vindeiro día 29 de Xuño (domingo) desenvolvese a fase final.

As categorías deste open son as de infantil e junior (masculino e femenino)

 
III Open Coinasa no Club Tenis de Redes
Luns, 23 Xuño 2008

 

Unha das primeiras citas para os e as tenistas neste verán 2008, é o III Open Coinasa de Tenis en Pista Rápida.

Tedes ata o 24 de xuño ás 19:00h para as inscripcións.

Desenvolverase do 27 de Xuño ó 6 de Xullo, en duas fases, a previa será ata o día 29, e do 30 en adiante desenvolverase a fase final. Nesta edición os premios en metálico ascenden a 1620 euros.

 
XL Torneo Social 2008 - Club De Tenis Redes
Xoves, 12 Xuño 2008

 

XL Torneo Social 2008 - Club de Tenis Redes

Categorías: infantil, junior, absoluto, veteranos y veteranos senior (masculino y femenino)

Lugar de celebración: Club de Tenis Redes

Fecha de celebración: del 26/07/08 -> 16/08/2008

Fecha cierre inscripción: 22/07/2008 a las 19.00 horas.

Ler máis...
 
40 Aniversario do Club de Tenis de Redes
Xoves, 05 Xuño 2008

 

Este ano celebramos o noso 40 aniversario como Club. Dende aquel campeonato no que Manolo Santana nos animou a xogar na Area Morta....

Este ano, como celebración, fixemos o que máis nos gusta: xogar ó Tenis...  de novo na Area Morta.

Aqui podes ver as fotos no fotoblog de Caamouco.net