|
Mércores, 07 Xullo 2010 |
|
Chega á Agrupación Instrutiva de Caamouco a exposición sobre a vida de Ramón Suárez Picallo. Este veciño de Sada traballou como mozo de botica, mecanógrafo ou lavando louza nas cociñas dun barco. O feito de vivir en primeira persoa as duras condicións da emegración foi decisivo na súa loita desde a súa tribuna de deputado, para mellorar as condicións de vida dos seus compatriotas.
|
|
Ler máis...
|
|
Sábado, 03 Xullo 2010 |
 |
|
A Agrupación Instrutiva de Caamouco ofrecerá o partido do Mundial de Sudáfrica durante a celebración da Sardiñada. A partir das 20:30, poderase ver en directo o partido que enfronta a España contra Paraguai en cuartos de final. Con esta iniciativa, a Tenencia pretende evitar que a xente quede na casa para ver o partido e así poder desfrutar do fútbol e das sardiñas ó mesmo tempo. A Directiva da AIC fai un chamamento a que os veciños participen na Festa e non queden na casa. | |
|
Venres, 25 Xuño 2010 |
|
Un ano máis, a Agrupación Instrutiva de Caamouco organiza a Sardiñada de verán. Nesta ocasión será o sábado 3 de xullo. Os actos programados son:
19:00: Inauguración da Exposición Caamouco 2010, cos traballos realizados durante o curso polos alumnos e alumnas dos cursos de Pintura e Bolillos. 19:30: Sardiñada con sardiñas da ría, pan de millo e viño do país. |
|
Mércores, 09 Xuño 2010 |

|
| Xa se pode visita-la exposición dos alumnos de Pintura nas Alianzas Aresanas. Na mostra poderanse ver moitos dos traballos que realizaron durante este ano os participantes no curso que ofrece a Agrupación Instrutiva de Caamouco. A exposición estará aberta ata o 18 de xuño. Poderá visitarse en breve tamén no propio edificio da Tenencia. |
|
|
Martes, 01 Xuño 2010 |
|
A Agrupación Instrutiva de Caamouco homenaxeará a Uxío Novoneyra o vindeiro sábado 5 de xuño ás 20 horas. Nesta ocasión, o coñecido como Poeta do Courel, será homenaxeado dun xeito diferente. Será o trío de corda "Presto Vivace" o encargado de recorda-la figura dun dos grandes da literatura en galego. O concerto consistirá nunha mestura de ritmos e de estilos: unha primeira parte de tangos, unha segunda de jazz, blues e ragtimes e unha terceira de música americana. Por suposto, na homenaxe non faltarán referencias á vida e á obra de Novoneyra, que se mostrarán a través dun breve video, no que se recollen os momentos máis importantes da súa vida. Como xa é habitual, a actividade rematará coa tradicional queimada e a bola azucrada, repartida de xeito gratuito entre os asistentes.
|
|
Luns, 31 Maio 2010 |
|
Xuntamonos 150 persoas, casi nada, e vimos as pedras, os verdes, as augas e as xentes... ademáis de estar ilustrados pola atenta xente que nos recibeu. Os de Castroverde xa teñen posto o RESUMO(lig) no seu BLOG(lig), e ainda van subir unhas poucas fotos. De Caamouco fixemos algunhas, máis as que nos fixeron chegar, que como sempre podedes ver nesta categoría do FOTOBLOG(lig). Para mostra: 
Para quen as queira, a maior resolución: *FOTO DE GRUPO EN SAMOS *FOTO DE GRUPO EN TRIACASTELA
|
|
Xoves, 13 Maio 2010 |
|
A Agrupación Instrutiva de Caamouco informa de que o número de prazas para a ruta de sendeirismo entre Triacastela e Samos están cubertas.
En total, a Tenencia ofertaba unhas 55 prazas que xa foron ocupadas por veciños da parroquia. Porén, quen o desexe pode apuntarse aínda a día de hoxe, pois no caso de producirse algunha baixa, automaticamente a praza libre pasaría a ser ocupada polo seguinte da lista. Desde a AIC queren mostra-lo seu orgullo polo bo acollemento da iniciativa e convidan ós veciños a formar parte deste tipo de actividades.
O prazo máximo para apuntarse é o 24 de maio, deixando os datos persoais no buzón da Tenencia ou chamando ó 676725201. |
|
Luns, 26 Abril 2010 |
|
A Asociación Cultural "Arcas" de Sarria organiza para o vindeiro 29 de maio unha ruta de sendeirismo entre Triacastela e Samos. A distancia entre as vilas é de 12 quilómetros e a maioría do percorrido transcorre por superficies descendentes. Quen o desexe poderá facer partes do percorrido en autobuses.
A iniciativa, que conta co apoio da Agrupación Instrutiva de Caamouco, inclúe unha visita ó mosteiro de Samos e outra á zona vella de Sarria, que inclúe o mosteiro da Madalena. No percorrido terán un protagonismo significativo o Camiño de Santiago e o río Sarria, como eixos da ruta. O xantar será ofrecido nun restaurante de Sarria, cun prezo de 15 euros.
Para inscribirse nesta actividade é preciso deixar os datos persoais e teléfono no buzón da Tenencia ou chamar ó 676725201 antes do 24 de maio. Ofértase un máximo de 55 prazas, que se cubrirán por orde de inscripción. |
|
Mércores, 27 Xaneiro 2010 |

|
| O vindeiro venres na Agrupación Instrutiva de Caamouco celebrarase unha conferencia sobre Nutrición, organizada por uns especialistas no tema. Na charla daranse consellos ós asistentes para garantir unha boa alimentación e mellorar a saúde. Por asistir, agasallarase a cada persoa cun estudo personalizado de hábitos nutricionais.
O venres 29 de xaneiro na AIC ás 19:00h.
<< máis datos pinchando na imaxe
|
|
|
Luns, 25 Xaneiro 2010 |
 |
|
A Agrupación Instrutiva de Caamouco celebrará os Bailes do antroido o vindeiro sábado 13 de febreiro. Ás 17:30 dará comezo o baile infantil. Ás 23:30 comezará o baile para os mozos e os maiores.
Os dous bailes estarán amenizados polo trío "Mar de Mares". Ademais, en cada baile, sortearase unha caixa con produtos típicos do antroido.
|
|
|