Caamouco en Obras
Mércores, 01 Xullo 2009

Parece como si se puxeran de acordo en facer todo á vez. O bon tempo, dentro do que cabe, facilita a labor de executar varias obras, a maior parte delas a iniciativa do Concello, que financia ou xestiona as mesmas.

Poidemos comprobar as melloras no Camiño de Curmá ó Raso, no de Barracido, no de Barracido a Ixobre, en Seselle e creemos que algo en Rodelas; logo andan co saneamento e traida de augas nos Páxaros, tamén baixan con acometidas dende a Malata ata o remate do Camiño da Igrexa, polo que entendimos para entroncar coa rede xeral. Tamén andiveron de limpeza de malezas. Logo están de obras na Escola da Tenencia... e seguro que nos queda algunha máis.

Dende logo nin os máis vellos recordan tanta acción que, cando menos, conleva sorpresa e merecido agradecemento polas iniciativas.