|
Sábado, 21 Novembro 2009 |

|
| En poucos días vai desaparecer o vello edificio do local social do Club Marítimo de Redes. Farase un novo ó lado, máis bonito, acorde coas normas urbanísticas, de costas, e bendecido por arquitectos e autoridades varias. Pois ben, o vello local sería feo, invadiría o dominio marítimo-terrestre ese, o conxunto hitórico-arquitectónico-patrimonial, estaría vello e todas esas cousas, pero o que ós de fora parecelles unha aberración, a moitos de Caamouco parecenos unha das más fermosas pezas da nosa historia.
Sabemos por qué se fixo, como se fixo, quén o fixo e o que logo fixemos gracias a él. Sabemos o difícil que será repetir algo así. Forma parte da vida de moitos ós que só nos queda este consolo pola sua demolición: "CUMPLIU, VALEU A PENA"
| 
|
|