Enlaces AIC



Circulación na zona Raso-Curro-Mazaído-Curmá-Liñares PDF Imprimir

 
Do Concello informan do reordenamento do tráfico en temporada estival para os accesos Raso-Curro-Mazaido-Curmá-Liñares, co fin de mellorar os accesos á praia do Raso. En liñas xerais:
  • Dirección única dende Carballás ó Raso, agás caravanas e autocaravanas.
  • Dirección única Raso-Curro.
  • Dirección única Curro-Curmá, agás residentes.
  • Dirección única Pezoas-Curmá.
A idea é que se acceda ó Raso por Carballás e se saia pola Tenencia. O acceso a Curmá e ó Club de Tenis sería polas Pezoas e saida pola Tenencia. Favorécese a incorporación á carreteira xeral pola Tenencia, e acceso á zona por Carballás e as Pezoas.
A ver como funciona, seguiremos informando.