Enlaces AIC



Asamblea Xeral da Comunidade de Augas de Redes PDF Imprimir

A Xunta de Goberno da Comunidade de Usuarios de Augas de Redes convoca a todos os comuneiros e comuneiras á ASEMBLEA XERAL ORDINÁRIA
que se celebrará no local da Agrupación Instrutiva de Caamouco o próximo día 10 de agosto ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 h. en segunda, na que se tratará a seguinte orde do día:

  1. Memoria anual: Dar conta da subvención concedida pola Deputación Provincial da Coruña, código de referencia:FOENIA 2007/000015, para as obras de reposición da tubaxe de fibrocemento na saída do Depósito Xeral. A contía a xustificar foi de 4.373,20€, concedéndonos unha subvención por un importe de 3.498,56 €.
  2. Estado de contas
  3. Suba da cota
  4. Altas na Comunidade
  5. Elección dos cargos directivos
  6. Traspaso da xestión da auga ao Concello
  7. Rogos e preguntas