|
Mércores, 31 Decembro 2008 |
|
No Salón do Local Social do Club de Tenis están expostos varios cadros de Luis da Silva, Luis O Portuxés. A exposición está dende o 21 de decembro e durará ata o vindeiro 25 de Xaneiro. O noso veciño Luis expón unha serie de cadros que destacan pola sua luminosidade e pinceladas coidadas. Ademáis dos seus tradicionais bodegóns, paisaxes e escenas de Caamouco e o rural galego, esta vez sorpréndenos con cadros de "majas", árbores de fantasía e baobabs, asi como algún cadro con predominio das sombras. Case todos a disposición dos visitantes que desexen adquirilos. |
|
Mércores, 12 Novembro 2008 |
| | O Club organiza o seu tradicional Magosto para o vindeiro día 29 de Novembro, con comenzo ás 19:30 horas. Celebrarase nas instalacións do Club e haberá castañas asadas, arenques, beicon, bola de zucre... Gratis para tódolos socios |
|
|
Mércores, 05 Novembro 2008 |
| | Está en marcha a 37 edición, os que desexen participar poden ir facendo as correspondentes inscripcións. Datos do Torneo: Número de Homologación: 16/08 Categorías: absoluto (masculino e feminino) Lugar de celebración: Club de Tenis Redes Data de celebración: do 20/12/2008 ó 6/1/2009 Data de peche inscripción: 17/12/2008 ás 19.00 horas. Fase previa: 20 e 21 de decembro de 2008 Fase final: do 22/12/2008 ó 6/1/2009 |
|
|
|
|
|