| Exposición de Pintura |
| Mércores, 31 Decembro 2008 |
|
No Salón do Local Social do Club de Tenis están expostos varios cadros de Luis da Silva, Luis O Portuxés. A exposición está dende o 21 de decembro e durará ata o vindeiro 25 de Xaneiro. O noso veciño Luis expón unha serie de cadros que destacan pola sua luminosidade e pinceladas coidadas. Ademáis dos seus tradicionais bodegóns, paisaxes e escenas de Caamouco e o rural galego, esta vez sorpréndenos con cadros de "majas", árbores de fantasía e baobabs, asi como algún cadro con predominio das sombras. Case todos a disposición dos visitantes que desexen adquirilos. |
