Reportaxes


Experiencias en Curmá co tratamento da gomosis da laranxeira.
Presentamosvos o traballo levado a cabo por uns veciños de Curmá, preocupados pola gomosis que afecta ás laranxeiras da sua horta (foto da dereita).
Esta enfermidade está afectando a moitas frutais de Caamouco, non só ós cítricos, pero son éstes os mais afectados.
(pinchar nas imaxes para velas ampliadas)

 
Sauntress, un superviviente de otras épocas.

Sauntress (palabra que significa "El Caminante") es el nombre de un viejo velero que haciendo honor a su nombre, en el transcurso de los años, surcó los mares del norte de Europa y ahora encontrándonos fondeados en la ensenada del Puerto de Redes, desde hace más de un año, patrón y barco recibimos la amable y sincera atención de las gentes de esta tierra gallega.

Me sugieren que cuente su historia, que me remonte a su construción y posterior restauración, a lo cual no puedo negarme como reconocimiento a las personas que aquí han contribuido de distintas formas a hacer de este sitio mí hogar.

Martin O'Scannall,el marino irlandés que está dando vida al Sauntress

 
Wilber, o Último Gaiteiro da Habana.

A Habana, 14 de Nadal do 2005, a miña muller e máis eu subiamos pola rúa Tejadillo ata chegar a á placiña onde está o café, "A Floridita", frecuentado noutros tempos por Hemingway para inspirarse a forza de daikiris.

Atopamos tres rapaces que viñan fronte a nós baixaban pola rúa Obispo. Dous deles brancos e o outro era coma a camiseta que levaba posta, negra coma a noite mesma. No medio do peito, unha franxa de cor azul e unhas letras brancas que poñían "Nunca Máis". Sorprendeume e dixenlle ¡ti és dos nosos! e de seguida preguntou nun perfecto galego,...

¿é vostede do BNG? respostei que non pero sí dos de "Nunca Máis".

 
Parque Natural Fragas do Eume. Tan preto, tan sorprendente.
Declarado parque natural no ano 1997, con máis de nove mil hectáreas, sitúase próximo a Caamouco, polo que podemos achegarnos a pasar o día nun entorno de enorme beleza, que, por moitas veces que o visitemos, non deixará de sorprendernos. As fragas son zonas de bosque espeso, e as do Eume son o máis importante bosque atlántico costeiro que se conserva en Europa. O río Eume fixo a maior parte do traballo creando un canón ó redor do cal medraron os bosques, que son o fogar dunha variada fauna, e sobretodo, dunha abondosa vexetación, dentro da que se inclúen especies únicas deste entorno.