 |
|
Á media hora de facer a pregunta xa estou nunha costaneira con Antonio aprendendo a distinguila, pola vista, o gusto e o cheiro, do ourego (do que xa falaremos outro día). E coa referencia de que "antes" se usaba tamén para condimentar as carnes e para facer algún postre.
Quedándose co nome, que en galego tamén é néboda, si un fai unha busca atópase con que casi todas as referencias son do que en castelán é a Nepeta Cataria, ou menta de gato, que en nada se parece a esta planta e que ten a propiedade de volver tolos ós gatos hasta tal punto que non hai mellor cousa que botar un pouco no caixón da area para que non se separen del, tristemente esa é a súa maior virtude.
Pois ben, esta herba aromática podemos atopala en balados, costaneiras e rebanqueiras. En Caamouco teño localizadas unhas cantas matas dende a Punta Modias ata o Mourón. É unha planta bastante feble, non forma grandes bancais e está unida á terra por un pequeno rizoma do que parte case como unha planta rastreira. Pódese cultivar, pero non esperedes dela ser un bonito complemento de xardín, cada cousa para o que é, e require condicións nas que non lle vai ben o exceso de auga.
Dos seus usos, o que máis sorprende é o das castañas cocidas, o resultado é espectacular, pero tamén é un bó complemento para o té, si vos gusta o té moruno, o licor de herbas e as carnes á grella.
Despóis de moito tempo de confusión coa menta gateira, averiguei que se trata de Saruteja Nepeta, tamén coñecida ou que non logro distinguir da Calamintha Nepeta, que é un tipo de axedrea, que son as herbas de base dos botes eses que nos venden no súper para condimentar paellas, churrascos e ensaladas.
Si se quere disfrutar dela o mellor é cultivala, unha maceta con bó drenaxe, un balado, unha pequena costaneira, sol directo, ... e librala de vez en cando de outras competidoras terá a sua recompensa en multitude de folliñas verdes. Como podedes ver nas imaxes adxuntas presenta distinta morfoloxía cando está medrando e cando florea, ainda que o perfume é moi semellante en ámbalas duas situacións.
Non é unha especie protexida pero cada vez atópase menos, tanto en Caamouco como en outros lugares, e a razón non é a recolección para o seu uso, posto que é prácticamente descoñecida, senón que o seu problema é que medra en balados e arredores non cultivados, mesturada con outras herbas máis comúns e "nada útiles", ainda que tamén está no medio do ourego, polo que no afán de ter "todo ben limpo" acaba sendo pasto dos rapaherbas de fío.
Si hai sorte e algún dos operadores deses aparellos desbrozadores lee este artigo, vaia dende esta páxina unha petición de clemencia por este pequeno anaco da nosa cultura (e polo ourego, os careixóns....)
Regino Varela, Xaneiro de 2009.
Referencias:
Diario del Gourment de Provincias del Perro Gastrónomo
Wikipedia Turca
Mytho-Fleurs
|