Presentamosvos o traballo levado a cabo por uns veciños de Curmá, preocupados pola gomosis que afecta ás laranxeiras da sua horta (foto da dereita). Esta enfermidade está afectando a moitas frutais de Caamouco, non só ós cítricos, pero son éstes os mais afectados. (pinchar nas imaxes para velas ampliadas) |
|
Unha das laranxeiras obxeto deste traballo, de aproximadamente 30 anos de idade, por estar afectada pola gomosis. No centro o tronco da mesma, a ferida atópase na sua base. Á dereita apéciase que comenza a desenrolarse un ataque de gomosis (22/07/06).
|
|
|
| Procedeuse a realizar unha limpeza da zona afectada cunha ferramenta cortante, retirando a corteza e partes do tronco danadas.
|
|
| Unha vez ben limpas as zonas atacadas, procédese a dar un tratamento con Metaxil ou Artemil-M (nomes comerciais), con unha base de 8% de metalaxil e un 64% de mancoced. Este producto pode atoparse nas tendas con productos fitosanitarios como a da Cooperativa de Rilo.
|
|
| Dous meses despois do primeiro tratamento, en setembro, observanse uns puntos marrons na ferida que ó tacto presentan humidade, o que indica que o ataque continua. Volve a repetirse a limpeza da parte afectada e a tratalo de novo con Metaxil. |
|
| O 26 de outubro seguinte, as zonas tratadas presentan xa cicatrices con bó aspecto. A humidade que presentaban as zonas atacadas xa desapareceu, as feridas están en proceso de rexeneración e a corteza comenzou a cubrilas. Á dereita pode verse un ataque que se apreciaba nas primeiras fotos xa prácticamente cicatrizado.
|
|
| Outro exemplo. (14/09/06). Localízase un ataque de gomosis, pódese ver a goma na parte baixa da fenda. Procédese a saneala cunha trencha. | Aplicase Metaxil coa axuda dun pincel (14/09/06), e uns meses despois a ferida xa está cicatrizando (16/01/07). Á dereita, cicatriz dun ataque de gomosis (16/01/2007) tratado hai tres anos. |
|
|
|
|
|
Alguns comentarios sobre as laranxeiras baseados nas nosas experiencias.Evidentemente, a laranxa que se cultivaba en Galicia fai anos, salvo raras excepcions, era de moi baixa calidade. As técnicas de reproducción por cubo e a carencia dunha selección apropiada facultaron que os cítricos que se producían non tiveran aceptación polos consumidores. Non gozando dunha boa acollida na nosa zona debido a que: - A froita non é de calidade comercial, posiblemente por utilzar variedades dexeneradas, sabor ácido, pel grosa e abundantes pepitas.
- A resistencia da árbore ó clima é baixa, por exceso de humidade, facilidade para contraela gomosis, principal problema da laranxeira en Galicia.
A utilización de variedades procedentes de Valencia, Sevilla, etc., mellora a calidade e sabor do froito, e ainda que son mais resistentes á gomosis, tamen as ataca. É moi importante localizala e tratala na primeira fase, para tela seguridade de salvala árbore. A presencia destos fungos é permanente dutante todo o ano no chan e a sua maior actividade parasitaria producese cando a temperatura ambiente oscila entre 18ºC e 24ºC. A auga da choiva ou do rego que empapa o chan favocere a parte reproductora asexual destes fungos. Os limoeiros e os pomeleiros tamén son moi sensibles á Phythopthora, nome do fungo que produce a gomosis, sendo a laranxeira doce mais sensible que os mandarinos e os seus híbridos. Os citanges troyer e carrizo, e o mandarino cleopatra presentan certa resistencia. A laranxeira amarga, o citrumelo e o kumquat son resistentes. Medidas Preventivas: - Diseñar unha boa drenaxe.
- Separalo rego por goteo do tronco.
- Procurar non producir lesions no tronco.
- Evitala compactación do terreo.
- Non aportar materia orgánica á base do tronco.
- Evitalos períodos de seca seguidos de regas abundantes.
- Moderala fertilización nitroxenada.
Outras consideracions: - A árbore debe ter o tronco totalmente libre de herbas para facilitar a sua ventilación e a sua revisión cada certo tempo.
- De non realizala indicada revisión, a posibilidade de detección da gomosis a tempo para curala redúcese, e un darese conta de que a árbore ten problemas cando as follas comencen a poñerse amarelas, momento na que a árbore xa está sentenciada.
- No noso clima a humidade é un factor desencadenante que favorece e propaga a gomosis, de ahí a importancia dunha boa drenaxe e limpeza do tronco e a base.
- O caleado é un bó precedimento para o mantemento do tronco libre de fungos e facilitala localización da enfermedade.
- Cando se merque unha laranxeira de viveiro, ademáis de buscar unha forma adecuada hai que procurar que o patrón teña un tallo alto co fin de que ó plantalo a cicatriz do inxerto non quede soterrada, xa que en principio un bó patrón debe ser resistente ós organismos patóxenos que contén o terreo, pero é moi posible que a variedade inxertada non teña esa propiedade.
- A ferramenta que se utilice para sanear unha árbore atacada de gomosis non debe emplearse noutras árbores salvo que previamente se desinfecte. O lume é un bó desinfectante.
José Prieto Gallego, Agustín Prieto Gallego e Ernesto López Naveiras. |