Me fui con mi negrita

Nicaragua- Xuño 1988

A un quilómetro da fronteira de Honduras facía incursións a contra nicaraguense (tropas armadas por Ronald Reagan e axudadas pola C.I.A), enfrontábanse tódolos días ós sandinistas revolucionarios que gobernaban o país.

Os concertos de armas soaban de noite con moita frecuencia, os M-16 facían de tenores, os Kalashnikov de sopranos, e os músicos dun e doutro lado eran todos irmáns. A setecentos metros deste auditorio infernal os sandinistas construíron outro, que non por estar máis lonxe da fronte deixaba de ser inferno tamén; era o Hospital de Pantasma, así se chamaba.


Alambradas rodeaban a selva semitropical, altofalantes colgados nas árbores, soaba a musica de verdade, ritmo caribeño como non podía ser de outra maneira, e dicía:


"Recuerdos de una tarde me fui con mi negrita

nos fuimos caminando rumbo pa la lomita

y con comodidad nos tiramos al pasto

y la hierba se movía, se movía, se movía"

Camións vestidos de camuflaxe facían ós soldados invisibles, eran quirófanos esterilizados no medio do calor selvático, nos seus laterais, lucían as siglas CCCP, eran cinco, e sempre ou casi sempre estaban ocupados, neses intres estaban operando dunha perna a unha guerrilleira que só tiña quince anos, ó final os ciruxanos soviéticos tiveron que cortarlle a perna.

A música que seguía soando:

"Como no era muy tarde nos fuimos más adentro

le fuí diciendo cosas, lo que por ella siento

y con comodidad nos tíramos al pasto

y la hierba se movía, se movía, se movía"

¡A gritos queixase un soldado! E é que onte lle cortaron unha perna.

Mira que lo tengo dicho: "indio levantado, indio muerto"

Dixo un sarxento que non tiña mais de vinte anos. Pero o capitán, que só tiña quince, era todo un experto en guerrillas, pois catro lúas atrás, acabara con nove contras e por iso era capitán.

Sesentaicinco camas y solo quedan tres libres.

Un solado chora, quere marchar para a súa casa, mais aínda lle queda un mes para poder coller a cadeira de rodas. Unha carpa, vestida de camuflaxe, albergaba os queixidos e as dores de sesenta e dous rapaces que ou ben as balas ou ben as minas deran coas súas pernas. Gritaba un soldado:

¡No le digáis a mi mamá que no tengo pierna!

Mentres outro, dicia:

Que suerte tuve yo, pues nos hicieron una emboscada y mataron a mis compitas y a mi me hirieron, pero yo me hice el muertecito y cuando llegaron a mi lado los dos malotes muy confiaditos me los cargué.

A música soaba potente e dicía:

"Y la hierba se movía se movía, se movía"

Permiso para baixar a música, temos que entrevistar a dous soldados, un deles en cadeira de rodas. De súpeto o ritmo caribeño deixou de soar, dando paso a unha coral de mágoas e queixidos desgarradores da natureza.

No queremos la guerra, queremos irnos a casa con nuestras familias.

Yo soy de Darío, yo de Masalla, yo de Managua, yo de Jinotega.

Yo quiero un cigarrillo.

Risas, abro un paquete (Malboro usa), cada un colle un pitillo e escondeno como poden, xa virá despois o pracer.

Silencio, complicidade, chega un sarxento cun soldado en cadeira de rodas

Hecho de menos mi ranchito de Solentiname y trabajar con mi papá en la granja, pero ahora no sé que voy hacer, tengo novia y ya sabe..

Nós xa acabamos e a música xa pode soar outra vez, de feito di:

"Que tárde más linda, he, he, he, heyy"

Plano curto de kalashnikov, apoiado na árbore, no fondo desenfocado, Ramón, o seu cabalo e o arado de pao, regresan facendo un rego.

Qué!, ¿le gusta el arma? llévesela, es una mierda, en casa tengo otra, esa es mucho mejor.

Un día despois, escola de Pantasma, seis da mañanciña, cuns grans de café, o mellor do mundo, rodeado de nenos e de soldados. Fotografía o meu compa Maxi. Unha guerrilleira pregunta:

¿Que tal les fué en el hospital?

> Muchos heridos y todos jóvenes.

Nicaragua es un país de niños y de viudas

Un mes despois descúbrese que os yankees vendían armas ilegalmente a Irán, que daquela estaba en guerra conta Iraq, e os cartos eran para subvencionar a contra nicaraguense.

O tribunal de La Haya condenou a EEUU a pagar a Nicaragua 17000 millóns de dólares por agresión a este país. Un ano despois a Perestroika Soviética de Gorbachov, xunto coa Organización de Estados Americanos, obrigaron ós Sandinistas a crear partidos políticos e organizar eleccións democráticas, rematando así a guerra que durou dez anos.

Ventiún ano e medio despois, 1700 cadeiras de rodas móvense coma a herba polas rúas das cidades de Nicaragua, moitas das persoas que nelas viaxan non teñen nin pensión, nin recoñecemento, nin pernas.


Xaquín Pita