AIC TapicesA Agrupación Instrutiva de Caamouco pon en marcha un obradorio monográfico de catro horas de duranción de iniciación ao tapices.

O curso estará impartido por Xabier Rodríguez, un dos artesáns que compoñen o colectivo Obradoiro de Tapices Galicia, afincado na Coruña. 

Durante a xornada, que terá lugar o vindeiro día 9 de setembro entre as 10 e 14 horas, os participantes recibirán as primeiras leccións e técnicas básicas para a elaboración de pequenos debuxos tecidos en relevo. 

Para máis información e reservas: 616 74 02 05 (Mari Cordal, directiva da AIC). Prezo: 26 euros socios / 30 euros non socios