AIC mais conservaDespois do éxito da primeira xornada, na que o número de prazas quedou escaso, a Agrupación Instrutiva de Caamouco decidiu organizar unha nova edición do obradoiro intensivo de conservas. A cita terá lugar na mañá do 23 de setembro, dende as 10 ás 14 horas. Ademais tamén haberá outra edición do obradoiro o vindeiro día 16, no que participarán as persoas que quedaron en lista de espera da primeira convocatoria. 

Na actividade, os participantes poderán coñecer o xeito correcto e seguro de manter e gardar os excedentes da horta, de tempada e algúns produtos tradicionais. A través de distintas técnicas, os participantes neste obradoiro monofráfico aprenderán a elaborar conservas de marmelada, froitas en almíbar, vexetais en salmoira ou bonito, entre outros. Todo isto, nunha actividade na que primará un punto de vista natural e ecolóxico e que rematará cunha degustación de produtos.

Para máis información e reservas: 616 74 02 05 (Mari Cordal, directiva da AIC). Prezo: 16 euros socios / 19 euros non socios.