AIC Sombreiros17Son uns dos sombreiros de orixe galega máis tradicionais. Os sancosmeiros, empregados antigamente para protexerse do sol durante os traballos na leira, serán os protagonistas do vindeiro curso intensivo que ofrecerá a Agrupación Instrutiva de Caamouco.

A actividade celebrarase ao longo de dous sábados, o 7 e o 21 de outubro (de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30). En total, 16 intensas horas de obradorio no que cada participante elaborará un sombreiro de 28 centímetros de diámetro. O curso estará dirixido por Marita e Moncha, dúas expertas artesás de Boiro. 

Para máis información e reservas: 654 16 51 80. Prezo: 81 euros socios / 84 euros non socios. Materiais incluídos.