AIC libroEmigracionA Agrupación Instritiva de Caamouco vai acoller o vindeiro 23 de setembro (19 horas) a presentación do libro Los herederos de la ciudadanía, o último traballo de Montserrat Golías Pérez, mestra do Departamento de Socioloxía e Ciencia Política e da Administración e investigadora do Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionas (ESOMI) da Universidade da Coruña. 

No estudo, Golías leva a cabo unha análise sobre os distintos motivos que levan aos fillos e netos dos emigrados españois a Cuba e á Arxentina a solicitar a nacionalidade española de orixe, tal como se recolle na Lei da Memoria Histórica do ano 2007. A autora afonda na Disposición Adicional Sétima da lei, que confire a nacionalidade española de orixe "ás persoas cuxo pai ou nai fose orixinariamente español e aos netos de quen perdeu ou tiveron que renunciar á nacionalidade española como consecuencia do exilio".  

Tras a presentación do libro, terá lugar un debate entre a autora e os asistentes ao acto. 

A Xunta Directiva da Agrupación Instrutiva quere agradecer a Montserrat Golías o seu interese por presentar en Caamouco o seu traballo, dados os fondos vínculos da parroquia co mundo da emigración e, en especial, con Cuba.