AIC cursoagullas18É unha actividade que nos últimos tempos foi gañando moita sona e, cada vez, máis adeptos. O patchwork aterra na Agrupación Instrutiva de Caamouco nun obradoiro intensivo de tres horas de duración. A actividade permite construir bonitos traballos sen necesidade de coser ou empregar agullas. As persoas que participen no curso poderán construir un cadro, que despois poderán levar para a casa. 

O curso intensivo está programado para o vindeiro 20 de xaneiro, de 10 a 13 horas. As reservas de prazas poden facerse chamando ao 608-52-32-47. A actividade terá un custo de 25 euros para os socios e de 28 para os non socios. Todos os materiais do obradoiro están incluídos no prezo.