AIC filosofia18A Agrupación Instrutiva de Caamouco acollerá o vindeiro 3 de marzo un obradoiro intensivo centrado no papel que xoga a filosofía no contexto actual. A actividade comezará ás 11:00 horas. É de balde e pensada para persoas de 12 anos en diante. Para participar nela non e necesario ter coñecementos previos sobre a materia. 

No taller, impartido por Tomás Cardeña, tentarase dar resposta a cuestións referidas á utilidade, sentido e actualidade da filosofía, entendida como actividade e como pensamento crítico. 

Saber se a filosofía axuda a ter unha vida mellor, se é posible unha auténtica democracia sen filosofía ou se un individuo pode ser realmente cidadán sen filosofía, son só algunhas das cuestións que sairán a debate nesta nova iniciativa impartida no centro social da Tenencia.