Calendario de eventos

Mes anteior Día anterior Día seguinte Mes seguinte
By Month By Week Today Ir ao mes específico
Obradoiro de Sancosmeiros
Sábado 07 Outubro 2017, 10:00am - 02:00pm
Accesos : 265
por Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

AIC Sombreiros17Son uns dos sombreiros de orixe galega máis tradicionais. Os sancosmeiros, empregados antigamente para protexerse do sol durante os traballos na leira, serán os protagonistas do vindeiro curso intensivo que ofrecerá a Agrupación Instrutiva de Caamouco.

A actividade celebrarase ao longo de dous sábados, o 7 e o 21 de outubro (de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30). En total, 16 intensas horas de obradorio no que cada participante elaborará un sombreiro de 28 centímetros de diámetro. O curso estará dirixido por Marita e Moncha, dúas expertas artesás de Boiro. 

Para máis información e reservas: 654 16 51 80. Prezo: 81 euros socios / 84 euros non socios. Materiais incluídos.