• A Horta de Quinín organiza a súa primeira actividade divulgativa

    AIC primeirahortaquininwebA Horta de Quinín, xestionada pola Agrupación Instrutiva de Caamouco e a Asociación Betula, lanza a súa primeira proposta formativa: “A primeira horta de Quinín”. A actividade pretende dar a coñecer o horto, identificar especies e aprender as súas necesidades básicas. A iniciativa está pensada para nenos e maiores, coa intención de que os pequenos poidan ir acompañados dos seus pais e nais e, así, aprender xuntos. Calquera adulto que o desexe, pode participar no obradoiro sen necesidade de vir acompañado de ningún neno.

    No curso, danse a coñecer os principais segredos que agocha a horta e se amosan todos os pasos a seguir para un correcto cultivo do terreo. No caso dos nenos, a actividade serve ademais, para, coñecer a contorna na que viven e mesmo a orixe de moitos alimentos. Ao mesmo tempo, nas primeiras sesións do obradoiro crearanse varias instalacións auxiliares: un composteiro, un hotel para insectos, espantallos e a creación dun pequeno sistema de rego.

  • Música, xogos e moita diversión no Entroido da Agrupación Instrutiva de Caamouco

    AIC entroido2018O Entroido xa está aquí. A Agrupación Instrutiva de Caamouco organiza, como é tradicional habitual, o seu baile de disfraces infantil. A cita será o vindeiro sábado 17 de febreiro, dende as 17:30 horas.  Este ano a festa estará amenizada polo equipo de Fiestoke. Os seus animadores encargaranse de poñer ritmo e entretemento á tarde, con música, bailes e moitos xogos. Durante o espectáculo os animadores divertirán aos máis pequenos con personaxes da Patrulla Canina e mesmo un Minion xigante. 

    O centro social da Tenencia contará, ademais, con servizo de cantina para os pais e nais. Durante a tarde, sortearase un lote de produtos típicos destas datas.

     

  • Perfecta, toda unha vida de dedicación á Agrupación Instrutiva de Caamouco

    AIC Despedida PerfectaCoñecida por todos os veciños e veciñas de Caamouco, Perfecta Insua Seoane encargouse do mantemento da Agrupación Instrutiva durante as últimas catro décadas. Todas as semanas, a nosa veciña acudía ao centro social da Tenencia, para limpar, airear e coidar a nosa escola. Era moi habitual atopala un sábado pola tarde con todas as portas e fiestras abertas e ela, sen a axuda de ninguén, adecentando o noso histórico edificio.

    Despois de toda unha vida encargándose do mantemento da Escola, nin máis nin menos que 37 anos, Perfecta ponlle punto e final á súa longa etapa na sociedade. Aos seus 81 anos, a nosa veciña merece descansar, pero tamén o recoñecemento da Xunta Directiva da Agrupación pola dedicación e boa disposición que sempre amosou.

  • Caamouco, parroquia libre de violencias machistas

    A parroquia de Caamouco visibilizou nas últimas semanas o seu rexeitamento á lacra da violencia machista. Grazas á adhesión da Agrupación Instrutiva de Caamouco á campaña de concienciación En negro contra as violencias, moitos veciños e veciñas da parroquia quixeron amosar o seu apoio á causa.

    Entre as accións reivindicativas impulsadas pola Agrupación, salienta a declaración do centro social da Tenencia como "espazo libre de violencias machistas" e a celebración de varias sesións fotográficas reivindicativas nas instalacións da sociedade e tamén nas rúas de Redes e nos centros deportivos da parroquia.

    Galería de fotos 

      2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01  
    2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01
    2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01
    2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01
    2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01
      2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01 2017 Campanha contra VX 01  
  • A Agrupación celebra o Nadal coa rondalla Añoranzas

    AIC Rondalla17A música de toda a vida volve á Agrupación Instrutiva de Caamouco polo Nadal. A sociedade acollerá o vindeiro 16 de decembro ás 18:45 horas unha actuación da rondalla Añoranzas.

    A agrupación musical, fundada en Ferrol no ano 1944, fará un percorrido pola música tradicional, incluíndo no seu repertorio varias panxoliñas de Nadal. A entrada ao concerto e libre e de balde. 

    Ademais, a Xunta Directiva da Tenencia aproveitará para felicitar as festas a todos os presentes cuns pinchos, no propio centro social. 

    O concerto da rondalla conta coa colaboración da Deputación da Coruña. 

  • Obradoiro de bombóns, a actividade máis larpeira da Agrupación Instrutiva

    AIC chocolateA Agrupación Instrutiva de Caamouco organiza, para o vindeiro 16 de decembro (de 10 a 13 horas), un obradoiro intensivo de bombóns. Na actividade, as persoas que participen aprenderán a crear pezas de chocolate, recheas de froita, de licor, de froitos secos, de tres cores ou con debuxos. 

    No curso, tamén se fará un repaso teórico polos distintos tipos de chocolates, as súas características e as súas propiedades. Tamén se afondará nas técnicas de elaboración dos doces, probando o resultado e levando unha mostra para a casa.

    Na actividade  poden inscribirse maiores e nenos e nenas, a partir de dez anos. O único requisito é levar un mandil, para evitar ensuciarse. 

    Prezo: 10 € socios / 13 € non socios (materiais incluídos). Reservas: 616-74-02-05 (prazas limitadas).

  • A Agrupación Instrutiva de Caamouco declárase espazo libre de violencias machistas

    AIC Machismo17A Agrupación Instrutiva de Caamouco adheriuse á campaña En negro contra as violencias, unha iniciativa de concienciación e sensibilización contra as violencias machistas. O obxectivo da sociedade é promover e facer visible o rexeitamento da veciñanza de Caamouco ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, coincidinco co Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o vindeiro 25 de novembro.

    A Agrupación Instrutiva, que xa forma parte do mapa contra as violencias, foi a primeira entidade cultural de titularidade privada do concello de Ares que se uniu á campaña e unha das primeiras da comarca de Ferrolterra.

  • A iniciativa da AIC "Quefaceres" renova o seu compromiso coa veciñanza de Caamouco

    quefaceresQuefaceres, a actividade autodidacta da Agrupación Instrutiva de Caamouco, renova o seu compromiso social cos veciños e veciñas de Caamouco. Dúas tardes á semana, o centro social da Tenencia converterase de novo nun gran fogar de portas abertas no que os veciños e veciñas poden compartir o seu tempo e as súas experiencias.

    A iniciativa pretende que moitas desas actividades que se soen facer na casa, moitas veces só coa compaña da televisión, sexan a escusa perfecta para achegarse ata A Tenencia. Non é preciso ningún profesor, nin grandes coñecementos, só ganas de desenvolver algún traballo manual e, de paso, axudar aos demais a sacar adiante a súa labor ou manualidade.

    Como indican algunhas das persoas que no curso anterior participaron na iniciativa, o máis importante é “pasalo ben, parolar moito e avanzar con aquel quefacer que ocupe as horas de lecer”.

  • A Agrupación Instrutiva ofrece este curso preto de 30 horas semanais de actividades

    AIC Cursos17 18A renovada oferta de cursos da Agrupación Instrutiva de Caamouco mantén o seu compromiso de encher de vida, cultura e entretemento o centro social da Tenencia.  A nova edición deste ano chega con varias novidades, entre elas, a incorporación á grella dun curso de Bailes Latinos e outro de Memoria para maiores de 55 anos, xestionado a través do Concello de Ares. Deste xeito, durante o período 2017-2018, a Sociedade vai ofrecer 11 cursos fixos, o que se traduce en preto de 30 horas semanais de actividades, repartidas de luns a sábado. 

    Outra das melloras que a Agrupación vai aplicar dende este ano afecta aos prezos das actividades. Na súa última xuntanza, a Xunta Directiva decidiu aplicar unha unificación das tarifas, para garantir que todas as actividades sexan ofertadas en igualdade de condicións. Cómpre salientar tamén que varias das actividades que xa se veñen ofertando nos últimos anos na Agrupación reforzan a súa presenza, ampliando o seu horario. 

    O prazo de inscrición estará aberto do 15 ao 29 de setembro, chamando ao 616-74-02-05. 

    Consulta os detalles das actividades: 

  • Revista A Tenencia, número 5

    Portada Anterior: Estado Demi Departamento En el Reino de Galicia, que demuestra por Mayor las Principes partes que han resultado En las Diligencias para la Real Única Contribución. Archivo General de Simancas. MPD, 48, 2.
    Portada Posterior: Plano de la Ensenada y Fondeadero de Ares. D. Pedro Riudavets y Tudury-(1859).

    Deseño portada: Sabela Fraguio Salorio

    (preme en ler máis para ver a táboa de contidos)

    Descarga o documento (11MB)

  • A Agrupación Instrutiva regula os usos das súas instalacións

    AIC exterior Tenencia

    As Normas de Uso das Instalacións da Agrupación Instrutiva de Caamouco entrarán en vigor o 1 de novembro de 2016. Grazas a este documento, a Xunta Directiva da Sociedade dá resposta en igualdade de condicións á crecente demanda de uso do centro social da Tenencia.

    As novas normas regulan e coordinan dun xeito eficiente as actividades que se celebran no centro social da Tenencia.  A Directiva tamén pretende que os usuarios das instalacións se comprometan a coidar e respectar os bens da sociedade, así como as normas básicas de convivencia coa veciñanza da zona.

    Este regulamento foi presentado aos socios e socias da Agrupación na Asemblea Xeral do pasado 15 de maio. Naquela xuntanza, os presentes déronlle luz verde ao documento, logo da incorporación das súas achegas e melloras.

  • Apoio unánime á transformación da Horta de Quinín nun espazo verde didáctico

    AIC Asemblea2 QuinínA Horta de Quinín xa ten proxecto definitivo. As persoas participantes na segunda asemblea do proceso participativo para darlle novos usos á parcela aprobaron por unanimidade a proposta presenta pola Comisión Interasocietaria, composta pola Agrupación Instrutiva de Caamouco e a Asociación Betula.

    O proxecto propón a conversión da parcela, a día de hoxe en desuso, nun espazo polivalente no que se poñan en valor as especies autóctonas e se promova o respecto ao medio ambiente, á biodiversidade e aos elementos identificadores do territorio.

  • Morreu Xosé Neira Vilas, único socio de honra da Agrupación Instrutiva de Caamouco

    aic_morreneiravilas.jpgXosé Neira Vilas (1928 - 2015)

    Balbino quedou orfo. O escritor Xosé Neira Vilas faleceu esta noite na súa casa de Gres, en Vila de Cruces, aos 87 anos. Foi o autor do libro en galego máis vendido da historia, Memorias dun neno labrego. A Agrupación colocou a bandeira galega a media asta na fachada do centro social, cun crespón negro.

    Narrador, ensaísta e tamén emigrante, o dezao retratou a emigración galega a América en Galegos no Golfo de México, un traballo froito de entrevistas e conversas con "homes que emigraron con só doce ou catorce anos, e que ao longo de medio século pescaron no Golfo de México. Logo, cando chegou o triunfo da revolución cubana, foron mestres de pesca da nova xeración de pescadores de Cuba, por mor da gran expansión desta industria", explicaba o autor días despois da súa publicación no ano 1980.

  • Discurso solemne para 100 anos de cultura en Caamouco

    Caamouco, 9 de agosto de 2015

    Cen anos atrás, nun 9 de agosto de 1915, estas portas que teño ás miñas costas abriron por vez primeira... para nunca máis volver pechar.

    Estas ventas que miran cara a nós deixaron entrar un aire renovador, preciso nunha Galicia aínda moi atrasada. Foi a chegada á nosa vila dunha escola moderna, con idearios de vangarda, integradora e 

    100ANOSde.jpg

    afastada de partidismos.

    Baixo os tellados desta vella Agrupación, protexéronse das tebras e da miseria centos de nenos e nenas, moitos aquí hoxe presentes. Grazas aos fundadores desta inmortal institución, hoxe nós podemos conta-la historia de como se construíron estes muros, para derrubar con eles a ignorancia.

    Estas paredes que hoxe admiramos non serían nada sen o esforzo dos homes e mulleres de Caamouco. Son eles, precisamente, os protagonistas deste 9 de agosto. Como dixo o poeta Curros Enríquez, “para eles non houbo estatuas en vida, porque non as pediron. Nin houberan de aceptalas aínda que llas concederan. Pero haberá sempre un altar nos corazóns patrióticos e beizóns de gratitude na posteridade e na Historia”.