Roteiro teatralizado na Capela: Tal como eramos 1942

O Roteiro realizarase en sesións de mañá e tarde, con un máximo por grupo de 25 participantes, recepcións ás 10h e ás 16h.

Queres participar? Comunicao antes do día 12 de setembro, detalles de inscrición nas imaxes.

Ademais haberá música, con "Vai Rañala Meu", e xogos populares con "Xotramu", con servizo de tasca, comida, toldo (por se ves coas tuas viandas)

Ás 20h peche da Xornada cunha parolada e o veredicto do "X Premio de Investigación Ferro Caaveiro"

Capela tal como eramos 2017 00 Capela tal como eramos 2017 00 Capela tal como eramos 2017 00

Felipop 2017

Felipop2017A nova edición do Festival Felipop 2017 chega a Fene o vindeiro 21 e 22 de xullo. O Felipop é o festival que leva organizando a Asociación Cultural Felicia de xeito ininterrompido desde 1998. A nova edición do Festival Felipop 2017 chega a Fene o vindeiro 21 e 22 de xullo. O Felipop é o festival que leva organizando a Asociación Cultural Felicia de xeito ininterrompido desde 1998.

Ler máis: Felipop 2017

Festas do Carme 2017

FestaDoCarme2017sábado, 15 xullo

23:00 Actuación do grupo POP ROCK dos 80 NUEVO PLAN

domingo, 16 xullo

08:00 Saudo coas tradicionais 21 bombas de palenque.

09:00 Alborada e percorrido pola parroquia do grupo de gaitas RETRINCOS.

14:30 Pezas do xantar arrufadas pola ORQUESTA SUPREMOS.

19:30 Misa solemne na honra da Virxe do Carme, cantada polo Coro Parroquial. A continuación PROCESIÓN MARÍTIMA pola ría acompañada da procesión de Pontedeume. Procesión virá acompañada dende a Igrexa pola agrupación VIRGEN DE LA AMARGURA.

22:30 Gran verbena coa actuación da ORQUESTA SUPREMOS.

Baile a 100 cos Cempés

20160319BaileCosCempesLimodreA Asociación de veciños de Limodre organiza unha tarde de baile o vindeiro 19 de Marzo. Comenzará con un obradoiro de baile ás 19:30, seguido cunha merenda para coller forzas para, ás 22:00, comenzar con unha sesión de baile cos ferroláns de Cempés.

As inscricións, no email da asociación, asocveclimodre(at)gmail.com, e no seis nove seis seis tres tres  sete sete dous.

EtnoEume IV. O 23 de Agosto na Capela.

EtnoEumeIVO Museo Etnográfico de A Capela organiza o vindeiro 23 de Agosto a súa cuarta edición da Feira na Casa do Pazo. Ademáis da Feira Tradicional de agroalimentación, téxtil e ferraxería, haberá unha mostra de artesanía, visitas guiadas ao Museo, recreación de oficios tradicionais, xantar, xogos, malla... e ruada. Un completísimo programa de actividades para todo o día, á carreira dun can dende Caamouco.

EtnoeumeIV 02

EtnoeumeIV 02

Festa do Grelo en Xestoso

FestaDoGreloXestoso2015

Este ano con zoqueiro, teares, artesans do coiro, madeira, cestería, fieltro... Unha das festas mais puxantes polo dinamismo das xentes do lugar, un exemplo de loita contra o despoboamento rural galego. Ben preto, ofrecen as coordenadas GPS para chegar.

Presentación do Libro: "Tanto encanto Reunido"

TantoEncantoReunido20141108Xa estamos en Novembro:  o mes das catañas, o San Martiño, os peóns, … As noites son longas e axeitadas para lembrarmos xuntos outros tempos, outras músicas. Paro o vindeiro sábado día 8, a asociación cultural Berros do Castro, de San Sadurniño, xunto con Edicións Embora, presentará en Ares o seu traballo “Tanto encanto reunido”, un paseo gráfico-sonoro pola música popular de Ferrol, Eume e Ortegal.

Ler máis: Presentación do Libro: "Tanto encanto Reunido"

AVISO: Actualiza o teu navegador

Se utilizas Internet Explorer, estas páxinas non se ven correctamente coa versión 8. Para velas correctamente debe empregarse a versión 9 ou superior. (podes facelo aqui)

O uso de versións anteriores non só non permite ver correctamente as páxinas de CaamoucoNet, senon que tamén supón un risco para a seguridade do teu ordenador.

Cos navegadores Mozilla Firefox e Google Chrome o portal vese correctamente. Ademais, estes navegadores permiten a opción de actualización automática, co que sempre terás a última versión instalada.

CabeceiraVeseBen

Reunión Veciñal

XuntanzaO colectivo de afectados polo PXOM da parroquia de Caamouco convoca a unha reunión veciñal o vindeiro Domingo día 1 de Xuño ás 12:00h nos locais da Agrupación Instrutiva.

Asuntos a tratar:

  • Alegacións ao PXOM
  • Constitución dunha Xestora para defender as alegacións diante das Administracións

Polo colectivo. Asinado: Melchor Fraguío.

Reunión Veciñal

XuntanzaO colectivo de afectados polo PXOM da parroquia de Caamouco convoca a unha reunión veciñal o vindeiro Sábado día 24 de Maio ás 10:00h nos locais da Agrupación Instrutiva.

Asunto a tratar: Alegacións ao PXOM

Prégase levar o documento de identidade para poder formalizar as reclamacións.

Polo colectivo. Asinado: Melchor Fraguío.

Do caixón dos recordos

De vez en cando saen nos medios algúns dos recordos que a xente ten a ben compartir, como esta imaxe dun equipo de fútbol de San Vicente de Caamouco, alá polo ano 1965 según Andrés Parga, que foi quen envio a foto ao periódico. Seguro que identificades a máis de un.

En CaamoucoNet agradecemos a vosa colaboración se vos decidides a remexer no caixón e atopades cousas coma esta, ou que vos pareza que merece a pena de lucir neste escaparate. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Servizo gratuíto de guías e transporte en Caaveiro

logodiarioferrolREDACCIÓN FERROL | Actualizado 14 Abril 2014

 

Un dos lugares da comarca que nestas datas recibirá tamén a visita de moitos turistas é o Mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume. Como todos os anos, e coa finalidade de facilitar o acceso ao mesmo, a Deputación da Coruña ofrece un ano máis un servizo gratuíto de guías e transporte en autobús totalmente gratuíto e que se manterá durante todos os días ata o vindeiro luns 21 de abril.

Os horarios son os seguintes: entre as 10.30 e as 14 horas polas mañás; e entre as 15.30 e as 20 horas pola tarde. Deste xeito, a primeira saída desde o Centro de Interpretación das Fragas será ás 10.30 horas e as seguintes cada hora.
A última será ás 12.30 horas polas mañás e ás 18.30 horas polas tardes. Ademais, haberá un último traxecto sen viaxeiros para recoller ás persoas que se subirán na última viaxe de regreso. A primeira saída desde a ponte de Caaveiro cara ao Centro de Interpretación é as once da mañá e a partir de aí sucederanse cada hora. A última terá lugar ás 19.30 horas.

En cada viaxe efectuaranse cinco paradas: parque natural, merendeiro, ponte primeira, ponte segunda e acceso ao cenobio.

 

Cea de San Vicente

 

Terá lugar o 25 de Xaneiro de 2014 ás 21:30 no Restaurante do Club de Tenis de Redes. O prezo por persoa é de 25€ e hai que apuntarse na Cafetería do Club de Tenis antes do día 23 de Xaneiro.

Menú:

ENTRANTES VARIADOS

PRIMEIRO: Cóctel de piña e gambas.

SEGUNDO: (a elixir) Zarzuela de peixe / Cocido

Viños: Rioja (La Llave) e Godello (Fragas do Lecer)

+postre, cafe e chupito

Pola defensa da Fachada Marítima de Redes

como sinal da nosa identidade.

Convocatoria de reunión, co seguinte ORDE DO DÍA:

  1. Informe e análisis da situación actual do “ALBOIO”.
  2. Constitución dunha Comisión, para seguimento e colaboración na súa rehabilitación.

Terá lugar na Tenencia o próximo venres, día 30 de agosto, ás 21.00 horas

Un grupo de veciños e veciñas

 

Festas do Carme 2013

MARTES 16 de XULLO

08:00 Saúdo coas tradicionais 21 bombas de palenque.

09:00 Alborada e percorrido pola Parroquia do grupo de gaitas RETRINCOS

11:00 RONDALLA TROVADORES no Pedregal. Actuación que incluirá o Salve Mariñeiro

11:00 PROCESIÓN MARÍTIMA pola Ría xunto coa de Pontedeume. A Procesión irá acompañada da Agrupación Musical "Virgen de la Amargura"

13:00 MISA SOLEMNE na honra da Virxe do Carme, cantada polo CORO PARROQUIAL.

14:30 Pezas do Xantar arrufadas pola orquesta XENTE NOVA

23:00 Gran Verbena arrufada pola orquesta XENTE NOVA

Felipop 2013

Xoves 8 Agosto

21:30 Hortiña

(De balde)

TRACK DOGS (Madrid)

 

Sábado 10 Agosto

13:00 SESIÓN VERMÚ.

21:30 Casa Ardá

MAY-THAI Y LOS TORINO ROCKETS (A Coruña)

22:30 Hortiña

LOS AUTONAUTAS (Madrid)

JUAN ANTONIO ROSS (Murcia)

SIDONIE (Barcelona)

Venres 9 Agosto

21:30 Local Social

POSTERGEL (Vilalba)

22:30 Hortiña

THE MOONSTONES (Madrid)

LOS GUAJES (Xixón)

THE BARRACUDAS (Londres)

Domingo 11 Agosto

22:30 Casa Ardá

THE BARRACUDAS (Acústico)

Prezos:Venres / Sábado 15 euros - Abono 20 euros

Rastrillo Veciñal

14 xullo 2013Paseo marítimo, Avenida Saavedra Meneses

¡Reserva o teu postoxa! ¡Merca, vende , troca!!!

Para máis información achégate á Biblioteca Municipal das Alianzas, chama ós números 981448057 / 686932335 ou escribe un e-mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Organiza: Concello de Ares

Solsalsa

Dende o Restaurante-Cafetería do Club de Tenis anuncian unha das primeiras convocatorias da campaña de vran, unha xornada de convivencia salseira, Solsalsa, con unha chea de actividades.

Será o Sábado 15 de Xuño, comezando dende as 11 da mañán con torneos de dardos, petanca, dardos, voley praia e con clases de roda cubana, bachata despelote (!?)

Tamén contan con sesión chill out, sesión vermouth, e para rematar unha festa Black&White xa entrada a noite e ata case abrir o día seguinte cos DJ Javi Azúcar e Nacho "El Habanero".

Para acudir hai que mercar os pases, que poden ser de media xornada ou de día completo, (15 ou 30 €), que supoñen inscrición nas competicións e comidas. Haberá zona de acampada.

Fotoblog de CaamoucoNet, a nosa fototeca.

No Fotoblog de CaamoucoNet podes atopar un anaco da nosa historia, así como recordos gráficos dos actos máis recentes en Caamouco. Grazas ás contribucións de particulares fomos xuntando unha importante colección de imaxes modernas e históricas de Caamouco. Na última contribución podemos ver os campeiros no Castillo, onde agora está o Club Marítimo, cando se traballaba canto anaco de terra fértil había. Tamén achegáronnos un recordo de festas e actos na Agrupación Instructiva cando funcionaba como Escola.

Colabora con nós e envíanos as túas fotos para compartilas na comunidade de Caamouco.