Novo Blog: O Ferrado


 

Temos o gusto de anunciarvos un novo Blog de Caamouco.Net: "O Ferrado". Nesta ocasión un socio de Caamouco.Net, que deixaremos que descubrades leendo o seu blog, decide lanzar este espazo persoal aludindo ó famoso trebello no "que colle o pouco e mailo moito". Benvido!

OFerrado.Caamouco.Net

Novo Blog: Raspa.Caamouco.Net


 

A saga dos Blogs de Caamouco continua, nesta ocasión presentámosvos este blog persoal, adicado de momento á crise, os bancos e os amigos dos poderosos (para criticalos), aireando algunha que outra nova que pode pasar desapercibida. O bloguer é dun veciño que xa distribuira algunha publicación de interese local e que agora atrévese a experimentar neste novo medio.

Raspa.Caamouco.Net

Novo Blog: Pateo


 

Queremos presentarvos este blog temático dun colaborador e veciño que lle da por facer rutas por aquí e por alá, e que ademáis ten a xenerosidade de compartilas con nós neste proxecto de Caamouco.Net

Pateo.Caamouco.Net

As páxinas teñen fotos e comentarios do que un atopa polo camiño, pero a mellor sorpresa está pinchando en "Máis" ou no título de cada recorrido...

Puxo o listón ben alto!

Blogs de Caamouco.Net


 

Como xa viñamos anunciando, comenzamos coa sección adicada á participación dos socios a través dos Blogs Persoais. Feitos na base do software libre WordPress.