Cerquiños da costa

O quercus pyrenaica está considerado como un "carballo menor", por iso de que non medra como os outros (quercus robur e quercus patraea), e case sempre con tronco máis delgado, torto, e con menos vigorosidade, razón pola que tradicionalmente vense usando só para leña. Non é moi lonxevo nin moi espectacular, pero non nos enganemos, é resistente ás secas e bota unha firme raigame no chan.

En Galicia coñéceselle como cerquiño, cerqueiro, rebolo, meloxo, carballo negro, carballo curpio, touza... según por onde se vaia, e é famoso por ser abundante sur e no leste, especialmente no Barco e no Caurel. Oriundo do suroeste de europa, é unha especie protexida en Andalucía. Algúns din que o nome é pouco apropiado, pois xa case non quedan no Pirineo nin preto do Cantábrico, estando presentes no resto da península.

Agora que ven o inverno é o seu momento, pois é marescente, propiedade das follas de arbres caducifolios que non caen na etapa fría tralo seu período vexetativo, case ata que saen as novas. Precisamente as follas son o súa maior peculiaridade, máis grandes que as do carballo común e moi lobuladas.

Repartidos pola península de Bezoucos podemos atopar uns cantos exemplares illados, anque a maior densidade témola no tramo costeiro dende a Punta de Agra ata a Praia da Madalena, polo que en Caamouco temos uns cantos e é unha boa época para pasear e descubrilos.

Singularidade vexetal da Solaina

O pasado 25 de maio facíamos referencia nesta páxina dun exemplar dunha árbore do paraíso que se atopa na Solaina, e hoxe temos que facer referencia a outra maravilla do reino vexetal que se amosa neste mesmo lugar. Trátase dun Jacarandá (Jacaranda mimosifolia).

Chámáronlle Jacarandá pola voz guaraní empregada en canto a súa  orixe suramericana e mimosifolia polo parecido das súas follas coa acacia mimosa.

A beleza e espectacularidade da súa floración queda ben patente nas fotografias que se xuntan, pero o máis impactante é apreciala de preto, xa que a luminosidade que emana, o exotismo e as cores azuis que presenta ó natural, deixan a un gratamente abraiado, e moito máis en días soleados... é que na Solaina fai un sol de ...!

Ler máis: Singularidade vexetal da Solaina

Talan un Piñeiro de 50 anos na Praia da Campa, dentro do DPMT.



Non sabemos si esta actuación ten que ver coa Demarcación de Costas, que xa se veu por outra nova que andan a facer cousas por alí, ou cousas dun particular.

O que sí está claro é que uns piñeiros foron talados na zona da Campa (Seselle) e entre eles un de 50 anos que estaba dentro do Dominio Público Marítimo Terrestre, ahí si que Costas terá algo que decir.

Esperemos que esta actuación non leve o camiño do que están facendo no Pinar da Magdalena, no veciño Concello de Cabanas, trazas leva.

Unha pena, o piñeiro quedaba ben bonito e daba unha sombra estupenda. Que mal lles faría?

Para os que se animen a comprobar a idade, adxuntamos a foto dos aneis.




O Paraíso está... na Solaina!!

Polo menos a árbore, eso é o que afirma o dono desta que está na Solaina, e que despóis de máis de trece anos de vir da Arxentina regala ós paseantes co seu arrecendo que lembra o das lilas.

Trátase dun Melia Azedarach, e en Arxentina coñécese como "paraíso sombrilla" ou "árbore do paraíso". En realidade a sua orixe é asiática, dándose ben ó pé do Himalaia ata 3000m de altitude e que foi exportada como árbore ornamental a Suráfrica e América no século XIX. (referencia).

Tolera as xiadas con tal de ter un vran con algo de calor, e prefire chans ácidos... por eso se da tan ben en Galicia.

As suas follas lembran ás do freixo, pero ainda así ten un porte máis elegante e o regalo das froles. O que probablemente o seu dono non sabe é que ten propiedades bioinsecticidas, anque seguramente xa o notou... esperemos que non se lle ocurra probar os froitos, pois conteñen un potentísimo veleno.

A todo esto, o de "árbore do paraíso" tamén é un nome que se atribúe a outra árbore, a Eleagnus Agustifolia, ou "Oliveira de Bohemia", que xa ten unha procedencia un pouco máis bíblica. (referencia).

Achegámonos á Solaina, comprobamos o arrecendo e disfrutamos un bo rato contemplando a rareza, escoitando as explicacións do dono... e facendo estas fotos que agora compartimos con vós.


Plantas Invasoras na praia da Campa



Non sabemos que entende a Demarcación de Costas, ou o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño sobre plantas ornamentais invasoras, pero dende logo que si tal fixeron, segundo recolle unha nova publicada polo Diario de Ferrol da que nos facemos eco en CaamoucoNet, moita idea non levan.

Hoxe mesmo, ó ver a nova, achegámonos ata a Praia da Campa a ver o que fixeran. E o primeiro que atopamos son estas prantas... a moreas!!, que son ornamentais, pero de seguro que tamén exóticas e invasoras.

O que si observamos foi que quitaron os felgos que había preto do aparcamento, deixaron todo rapadiño. Invasores son, non cabe dúbida, pero a variedade que por alí prolifera non ten nada de exótico... e xa están brotando de novo.

O que sí contrasta, un pouquiño máis alá, son os eucaliptos, que a estas alturas xa non sabemos si son autóctonos ou non, dado o tempo que levan con nós xa empezan a ser familiares, a saber!. Eso si, o de invadir dáselles bastante ben.

(pinchando nas imaxes vense ampliadas)