O derradeiro día

Nota20171107Esta é a imaxe do derradeiro día do antigo edificio do Club Marítimo de Redes. Ese día convocouse á xente para facer un traballo comunitario: quitar todo o que poidese ser de utilidade. E fíxose porque ao pouco iba a ser derrubado. Era o 21 de novembro de 2009.

Os sentimentos mesturábanse, había certa expectativa por cando e como iba a ser rematado o novo, e certa tristura por sabermos que remataba unha etapa, unha etapa de 40 anos de ilusións, de alegrías, de traballos, de bos e de non tan bós tempos, de comunidade, de deporte, de remo, de viaxes a Mequinenza, a Coruña, a Boiro, a Muros, a Cedeira, á Cabana, a San Felipe, a Mugardos, a tantos sitios.

Ler máis: O derradeiro día

O Carballo, a imaxe que fala

O Carballo

A estrada que dende o cruce de Limodre recorre Caamouco, ata chegar a Ares, construíuse cando o século XIX atopábase no derradeiro cuarto. Entón o camiño Real deixa de ser a vía principal que comunicaba Ares e o Porto de Redes co resto do mundo.

A nova carreteira queda disposta para cumprir coa importante función de soportar o transito dos diferentes medios de transporte dedicados a levar e traer mercadorías e persoas. Por aqueles anos as carreteiras eran delimitadas por árbores que, deixando libres as cunetas polas que corrían as augas da choiva, se plantaban co espazo necesario para que as ramas, aínda tocándose, cubriran a distancia entre eles cando medraran. A especie mais utilizada era o plátano de sombra, (Platanus hispánica) tal como mostra a fotografía. Aínda que cando a carreteira pasaba por diante das casas, plantábase outra especie de arbore o arce branco (Acer pseudoplatanus), menos frondoso que o anterior. No tramo de estrada que se encontra diante da casa da Cubana esta era a especie que había na beira da estrada.

Ler máis: O Carballo, a imaxe que fala

O día en que a Aira convertiuse en Praza

InaugurandoAAiraDeCurma

Os veciños xa estaban un pouco fartos de vellas disputas polos pequenos anacos da Aira, ás veces cheos de escombros, material de construcción, refugallos, hórreos medio caídos, galiñas e sauces choróns. Medio quedaba a nostalxia dos traballos comunitarios, toda vez que un alcalde achegase un camión de morrillo e outro de area de canteira para tapar furados e baches que botaban medio inverno cheos de auga e algún veciño aparecese cun tremendo fletán que, feito ao forno, daba para a merenda comunitaria (para aquel que fixera algo, eso si). 

Ler máis: O día en que a Aira convertiuse en Praza

Este ano a Sauntress conmemora o seu centenario

Unha historia do Irlandés, Abril de 2013

Que cómo o sei?

A resposta é que non o sei. Pero o seu certificado da British Registry na Clase 1, co número 166720, labrado no bao mestre xunto coa súa tonelaxe, como requiren as leis da Mariña Mercante Británica, demostra que foi construída en 1913 por Wright e Harris, e deseñada por Wright. E esta información confírmase pola extinta Lloyds Register of Yachts.

Ler máis: Este ano a Sauntress conmemora o seu centenario

O Pacto da Aira de Curmá

Haiche cousas que teñen a súa transcendencia, como o Pacto da Aira de Curmá; ao mellor non tanto como os de Guisando, pero sen dúbida de maiores consecuencias neste rueiro. A cousa afecta a un espazo agora público, a Aira de Curmá, que entón era un espazo privado de uso compartido, na práctica público, ou o que fora, que xa perdera a súa función de aira de mallas, e foi protagonizado por mulleres, como non podía ser menos.

O que ven a continuación e unha visión persoal, incompleta e chea de lagoas, pero é a que ten o que escrebe. Así o entendin e así volo conto. Agradécese calquer aportación, foto, documento ou opinión que poida mellorar este tema.

A Aira de Curmá era, e é, unha especie de nó gordiano, algo a redor do que todo xira en Curmá, centro de encontros e desencontros, a onde tes que ir se queres entrar e por onde tés que pasar se queres saír. Un cruce de camiños inevitable para todos os de Curmá e As Pezoas se querían ir a Redes a algo, que para iso tiña case de todo, sen dar unha boa volta ou pasar por lameiras.

Ler máis: O Pacto da Aira de Curmá

"Eltoraji" Goes Home.

(GALEGO) (CASTELLANO)

A chronicle from Martin O'Scannall

“What I have to tell you” wrote Caroline Haslett “concerns a 20 foot wooden gaff cutter called Eltoraji, presently lying in Port Bourgenay, next to Les Sables D’Olonne, 32 nm north of La Rochelle. My father describes her as slow and obstinate like him. Like him, she is also wonderful and full of character.”

“Sadly my father’s sailing days are over and he has given Eltoraji to me and I now have to find a way of getting her from Bourgenay to Castropol”

“It is only right” she added (a touch of steel beneath the velvet glove) “that she should be sailed, not driven”

This cri de Coeur coming quite out of the blue, from a total stranger was more than flesh and blood could resist. Who was this Caroline Haslett? Who was her father? What kind of boat? Why by sea and not by road? And so slowly, inexorably we were drawn in and made part of a singular adventure in adversity, for this passage, across the Bay of Biscay was Caroline’s way of honouring the memory of Tony Haslett, Eltoraji’s creator.

This is her story.

Ler máis: "Eltoraji" Goes Home.

Alboiado

Quedan moi poucos dos que o viron con algún uso, algúns enmarcárono nas súas pinturas, máis foron os que lle apuntaron coas súas cámaras e moitos máis os que o identifican coa imaxe de Redes, das casas á beira do mar.

Foi obxecto de admiración por parte do seu dono, Quinín, e motivo de gastos pola súa parte en pintura para os lenzos nos que o plasmou pois, a dicir verdade, nunca se lle veu con brocha gorda no devandito, por non falar de cousas maiores.

Someteuse ás medicións e admiración por parte de estudantes de arquitectura, que con afán e con motivo dos seus traballos de fin de carreira fixeron varias propostas de actuación sobre a "casa do pintor", nunha especie de concurso de deseño arquitectónico. O papel é o que ten, aguántao todo.

Ler máis: Alboiado

Eltoraji se va a casa

La Singladura de Eltoraji(GALEGO) (ENGLISH)

Una crónica de Martin O'Scannall

“Lo que le tengo que contar”, escribió Caroline Haslett, “tiene que ver con un cúter de madera con vela cangreja de unos 20 pies de eslora llamado Eltoraji, actualmente amarrado en Port Bourgenay, al lado de Les Sables d’Olonne, a 32 millas al norte de La Rochelle. Mi padre lo define como tan lento y terco como él. Como él, también es encantador y con mucho carácter.”

“Tristemente ya han quedado atrás los días de navegación de mi padre, por eso me ha regalado Eltoraji. Ahora me toca a mí buscar la manera de traerlo desde Bourgenay hasta Castropol”.

“Lo suyo”, añadió con voz de hierro en guante de seda, “es que llegue por mar y no por carretera”.

Reconozco que este llamamiento de una absoluta desconocida, tan sentido como inesperado, picó mi curiosidad y no pude resistirme a saber más. ¿Quién era esa Caroline Haslett? ¿Quién era su padre? ¿De qué tipo de barco se trataba? ¿Por qué por mar y no por carretera? Por lo tanto, lenta e inexorablemente, nos vimos abocados a una singular aventura en momentos difíciles, porque esta singladura a través del golfo de Vizcaya era para Caroline la manera de honrar la memoria de Tony Haslett, el creador de Eltoraji.

Esta es su historia.

Ler máis: Eltoraji se va a casa

Eltoraji vaise á casa

A Singradura de Eltoriaji(CASTELLANO) (ENGLISH)

Unha crónica de Martin O'Scannall

“O que teño que contarlle”, escribiu Caroline Haslett, “ten que ver cun cúter de madeira con vela cangrexa duns 20 pés de eslora chamado Eltoraji, actualmente amarrado en Port Bourgenay, ao lado de Les Sables d’Olonne, a 32 millas ao norte de La Rochelle. O meu pai descrebeo como tan lento e testán coma el. Coma el, tamén é encantador e con moito carácter.”

“Tristemente xa quedaron atrás os días de navegación do meu pai, por iso agasalloume co Eltoraji. Agora tocame a min buscalo xeito de traelo dende Bourgenay ata Castropol”.

“O seu”, engadiu con voz de ferro en luva de seda, “é que chegue por mar e non por estrada”.

Recoñezo que este chamamento dunha absoluta descoñecida, tan sentido coma inesperado, picou a miña curiosidade e non puiden resistirme a saber máis. Quén era esa Caroline Haslett? Quen era o seu pai? De qué tipo de barco se trataba? Por qué por mar e non por estrada? Polo tanto, amodo e inexorablemente, vímonos abocados a unha singular aventura en momentos difíciles, porque esta singradura a través do golfo de Biscaia era para Caroline o xeito de honrar a memoria de Tony Haslett, o creador de Eltoraji

Esta é a súa historia.

Ler máis: Eltoraji vaise á casa

Dead Cats in the Attic. Presentación.

Jatos mortos no faiado, esa é a frase que cautivou a Martin O'Scannall, o Irlandés de Redes, e que utilizou como título do seu libro. Nesa homenaxe a un estiilo de vida, a un xeito de velas cousas, a Galicia e aos galegos, Martin recolle a súa experiencia persoal da integración dun estrano no universo galego acompañado de visións tranquilas, de anécdotas... e de receitas de cociña.

Comprácenos compartir con vós a introdución e un capítulo do libro especial para Redes, agardamos que vos guste... e velo pronto feito realidade nas librarías.

O noso veciño entendeu a frase no seu contexto, vense claramente os efectos do cambio de idioma, e por esa razón decidimos publicar o texto co que nos agasallou no idioma orixinal, con todo o respeto e esencia. Debido á xenerosa extensión do texto que nos ofreceu Martin, iremos facendo publicacións por entregas nos vindeiros días. Na entrega de hoxe: a presentación do traballo.

Dende CaamoucoNet, o noso agradecemento a Martin O'Scannall.

Ler máis: Dead Cats in the Attic. Presentación.

Val de Bágoas

Habana 1885 Camilo Martínez, natural da Pedrosa Ourense, ingresa no hospital de San Ambrosio en estado cataléptico, ten 22 anos.

Os médicos preguntan aos achegados, ¿qué lle pode pasar a ese home? Eles, aseguran, que ten moita nostalxia da súa terra, e chora espeso.

Despois de 14 meses en catalepsia, decídese que tres gaiteiros, toquen no cabeceiro da cama de Camilo, para que lembre a súa terra. Non tarda moito este home en acompañar as muiñeiras coas mans ritmosas. E un día, cando tocaban unha doce alborada, botou as máns aos ollos, e chorou, saíndo deste xeito do seu fatal estado.

Ler máis: Val de Bágoas