Arde unha embarcación no Río Novo

Nova2017111301O pasado luns día 13, ao mellor foi por iso, pasadas as nove da noite oironse as sereas dun camión de bombeiros a todo meter, iban a apagar un lume. O lume era unha embarcación, en mal estado, que estaba "estacionada" na costa que vai do Río Novo á Tenencia.

Nova2017111302A embarcación xa fora rescatada da ribeira fai uns días, coa colaboración de varios veciños, e se encamiñaban a estacionala na pequena finca dun deles, pero cando iban pola Rúa de Abaixo rompeu o carro no que a levaban, polo que a arrastraron como puideron un pouco mais, para ao final quedarse na costa sen chegar ao seu destino.

Ler máis...

A Xunta quere recomendar as cores das casas

Nova20171024 0224/10/2017: Onte por Redes apareceu o Presidente Feijoo, xunto cun séquito variopinto, a iso das 12:00, a presentar a "Guía de Cor e Materiais de Galicia".

Seguramente coa intención de facer partícipes aos veciños das súas recomendacións, por iso ven un luns ás 12, co traballo que leva feito en colaboración co COAG (Colexio de Arquitectos de Galicia) polo importe correspondente. Os documentos disque non son de obrigado cumprimento, son unha recomendación, que traslada aos Concellos para que o "teñan en conta" á hora de elaborar os PXOUM... precisamente faino no territorio do Concello de Ares, estando o PXOUM como está; pois si que ten sorna este Feijoo.

Ler máis...

O terceiro Xoves pasa ao terceiro Mércores

TerceiroMercoresNun bando, publicado na web do Concello este mesmo luns, 18, enterámonos que o "Terceiro Xoves" pasa ao "Terceiro Mércores". O que ven a ser que se hoxe, terceiro mércores, tiñades pensado deixar algún bulto grande no lixo.... pois non, alí quedará ata o mes que ven.

Nova20170920 TerceiroMercores

A medida comenza a aplicarse dende XA, así que o xa case tradicional dito incorporado a isto do refraneiro local terá que mudar un pouco, como os costumes de locais e foráneos niso das "rebuscas" que, de calquera xeito, segue sin afectar a algún que bota os trastos cando lle da a gana.

Contaminación nas augas de baño

bandera amarillaA Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia publicou os datos das últimas medicións da calidade da auga nas praias do Concello de Ares (18 de Xullo de 2017), aparecendo como resultados que os niveis de Escherichia Coli na praia do Raso-Seselle son de 740 NMP/100ml, o que supera con amplitude os niveis máximos para a consideración de calidade "suficiente" (500). Pode tratarse dun caso puntual, pero de repetirse deberían tomarse medidas preventivas (duchas despois do baño), e tería consecuencias na calificación da calidade de augas do ano que ven.

O resto de praias da Ría tamén acusan un incremento no nivel de contaminantes que proveñen na súa maioría dos verquidos de augas residuais urbanas.

Cortes de Auga

grifoeaugaParece que na zona do Raso hai cortes no suministro de auga. (Ligazón).

O raro, dado o trazado, é que sexa a única zona de Caamouco con cortes de auga, pero dado que unha parte importante está na zona de Redes, con subministro propio, e outra parte importante das vivendas illadas ten pozo...

Lixo no Pedregal

Fin de semana do 17 e 18 de xuño, bo tempo, moita calor, xente, e .... durante os dous días, lixo desbordando unha das papeleiras da Praza do Pedregal. Lamentable imaxe para un sitio tan fermoso como Redes.

nova20170621  nova20170620 

Chiringuito en Sabadelle

Comeza a temporada de verán, e atopamos unha sorpresa na praia de Sabadelle, unha das praias menos urbanizadas de Caamouco. Consiste na instalación dunha caseta ou chiringuito de xeados na propia praia, xusto ao lado das escaleiras que baixan ao areal.

nova20170615

Augas de baño, nova campaña.

Como ven sendo habitual, coa chegada do verán comenzan os controis das augas de baño. O control previo saiu correcto nas praias da contorna (Excepto Sopazos e Cabanas, que teñen indicios de contaminación). A ver se as autoridades se deciden e inician controis en areais de Caamouco tan concurridos como Areamorta e Sabadelle.

Nova20170606

 

La Xunta recogió ayer más de 3.500 kilos de patata entre Ares y Cabanas

logo DiarioDeFerrol02NovaDF 201705033/05/2017. La Consellería de Medio Rural recaudó 3.500 kilos de patatas en la zona –738,5 kilos en Ares y 447,2 en Cabanas durante la mañana– en la primera jornada de recogida en los municipios declarados en cuarentena a causa de la plaga de la polilla.

La Consellería de Medio Rural recaudó 3.500 kilos de patatas en la zona –738,5 kilos en Ares y 447,2 en Cabanas durante la mañana– en la primera jornada de recogida en los municipios declarados en cuarentena a causa de la plaga de la polilla de la patata. Un total de ocho equipos de la empresa pública Gesuga, encargada de los trabajos, se desplazaron en la mañana de ayer a los municipios de Ares y Cabanas donde se iniciaron las tareas de recogida en la provincia de A Coruña.

Ler máis...

La Xunta inicia en Cabanas y Ares la recogida de la patata sembrada

logo DiarioDeFerrol02NovaDF20170429 Patacas27 de abril. La Consellería de Medio Rural iniciará el próximo martes en los municipios de Ares y Cabanas la recogida de la patata sembrada en la provincia de A Coruña. Así lo han confirmado fuentes del departamento autonómico, que sin embargo no han avanzado el calendario oficial de recogida.

La Consellería de Medio Rural iniciará el próximo martes en los municipios de Ares y Cabanas la recogida de la patata sembrada en la provincia de A Coruña. Así lo han confirmado fuentes del departamento autonómico, que sin embargo no han avanzado el calendario oficial de recogida.

Ler máis...

Obras nas Prazas do Emigrante e do Campo

logoconcelloaresO Concello comeza as obras de pavimentación da Praza de Emigrante e o entorno da Praza do Campo en Redes. 19 Abril 2017

Nova2014042001O importe total dos traballos ascende a 20.702,10 euros e consisten na renovación dos espazos coa colocación de novo firme e elementos de mobiliario urbano

O Concello de Ares, a través da súa área de Urbanismo, informa do inicio esta semana dos traballos para a reparación do pavimento na Praza do Emigrante e o entorno da Praza do Campo en Redes. As actuacións débense ao estado de deterioro do pavimento existente, dado os levantamentos provocados polas raíces das árbores, ocasionando resaltes nas xuntas do firme que supoñían un evidente perigo para a seguridade dos usuarios de ambos espazos.

Ler máis...

Aprobada pola xunta a ocupación de terreos na AC130

BlaBlaPara facer unha senda peonil entre Mugardos e Ares, conectando os dous colexios: Ligazón.

Dos proxectos de sendas peonís que se manexan, e de aumento da seguridade viaria, este é dos últimos dos que se fala, polo menos nos medios. A cousa poderíamos clasificala de "bíblica", por iso que lles pasa aos últimos. Eche o que tén o caixón dos proxectos, o que se ve é o último que se lle bota.

A ver se lembran as promesas, como as de anchear e mellorar a estrada de Ares a Chanteiro, pero xa, ou da senda peonil de Redes a Ares. A cousa non é estar a favor ou en contra do proxecto que se presenta, é ter un pouco de memoria do que pide a cidadanía e do que se lle promete.

A veciñanza de Caamouco demanda a Valentín Formoso beirarrúas entre Ares e Redes

Demandan la construcción de una senda peatonal entre Ares y Redes

Publicado o Regulamento sobre a Crise da Pataca

Venres, 10 de Marzo de 2017: Ligazón. Lectura recomendada para aqueles que planten ou anden con patacas.

Tamén contempla actuacións para aqueles que tiveron patacas nas leiras nos anos anteriores, así como os almacéns de autoconsumo na casa. Para os que non tiveron patacas da casa, tamén queda prohibido andar movendo patacas fora da zona afectada e a venda de patacas a granel.

Ampliase a zona de control aos concellos limítrofes da zona afectada: Somozas, Moeche, Cerdido, Cedeira e Cariño, por quedares mais do 95% do seu territorio nunha banda de 5km arredor dos xa afectados: Ferrol, Narón, Neda, Valdoviño, San Sadurniño, A Capela, Fene, Mugardos, Ares, Cabanas, Ortigueira, Mañón e As Pontes de García Rodríguez, na provincia da Coruña, e os concellos do Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros, Ribadeo, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Alfoz, O Valadouro, Ourol, Abadín, A Pastoriza, Riotorto e A Pontenova, na provincia de Lugo.

Publicado o Decreto 197/2017 sobre o das patacas

O pasado sábado 4 de marzo saiu publicado no BOE o decreto que regula as medidas a tomar nas zonas afectadas pola praga das patacas. Referencia.

Durante alomenos DOUS ANOS proíbese prantar patacas na zona afectada (na que está Caamouco), deben arrincarse as xa prantadas, non haberá indemnizacións para os cultivos de autoconsumo e para o que prante patacas ou traslade patacas fora da zona afectada poderá haber sancións.

Artículo 8. Medidas de control y erradicación.
Tras la realización de las actuaciones inmediatas previstas en el artículo 6, se adoptarán las siguientes medidas de control:
1. En las parcelas en zona infestada.
a) Se prohibirá la plantación de cultivos de patata durante un periodo mínimo de dos años.

Ler máis...

BANDO: Charla informativa sobre a praga da pataca

bando charla informativa pataca22 Febrero 2017 12:06. Ligazón.
D. Julio Iglesias Redondo, Alcalde do Concello de Ares, por medio do presente

fai saber:

O luns 27 de febreiro ás 12.00 horas na Alianza Aresana terá lugar unha charla informativa sobre a praga da pataca. Será impartida por un técnico da Consellería de Medio Rural, que informará da normativa sobre as plantacións para autoconsumo e sobre a normativa reguladora da loita contra a praga. A charla informativa está aberta á participación de tódolos veciños e veciñas que desexen asesorarse sobre este tema.

Ares, a 22 de febreiro de 2017

O Alcalde,

Mais medidas para o control do cultivo das patacas

Nova 20170206 CouzaGuatemalteca01Martes 14 de Febreiro. A Xunta de Galicia publica unha serie de novas medidas para o cultivo de pataca. Anque non se prohíbe o cultivo de patacas, nin para a venda nin para o autoconsumo, alomenos de momento e según queda recollido no DOGA de hoxe, pois quedan á espera de regulación estatal, tómanse unha nova serie de medidas para comercializadores de semente e produtores.

Se non fose polo serio do tema, resultaría irónicamente hilarante o esixido, pois ainda que sexa para autoconsumo pídese identificación da parcela no SIXPAC, ou ben saber de coordenadas UTM, coñecementos que se supoñen asociados aos de manexo de raño, sacho e sulfatadora, agora complementados polo SmartPhone con conexión a internet e GPS.

Nova20170215Mércores 15 de Febreiro. Un medio de prensa escrita de moita difusión na zona publica un titular alarmista que da a entender que se vai arrancar todo o sementado. Logo lendo con detalle non hai tal cousa regulada. Están metendolle medo á xente.

Ler máis...

Restricións na semente de patacas

Pataca afectadaA Xunta acaba de declarar como zonas afectadas pola praga da couza guatemalteca os concellos de Ferrol, Narón, Neda, Valdoviño, San Sadurniño, A Capela, Fene, Mugardos, Ares, Cabanas, Ortigueira, Mañón e As Pontes de García Rodríguez na provincia da Coruña e os concellos do Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros, Ribadeo, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Alfoz, O Valadouro, Ourol, Abadín, A Pastoriza, Riotorto e A Pontenova na provincia de Lugo.

Polo tanto Caamouco queda afectado e haberá que tomar medidas para ter unhas patacas na horta e non contribuir á expansión da praga.

Queda prohibida a saída das zonas demarcadas dos tubérculos producidos nestas zonas.

Ler máis...

Que viva o Cemento!

Eso é o que debe pensar algún, que corta as árbores das prazas.

Son vexetais, non falan, non se moven, aproveitan a enerxía do sol, quitan o CO2 do ambiente, non contaminan, non meten barullo.... e a pesares de parecerse tan pouco aos humans, resulta que humanizan.

Qué mal farían?

Nova2016112501  Nova2016112502  Nova2016112502b 
Nova2016112503  Nova2016112504  Nova2016112505 

Fene honra con varios eventos o legado educativo dos indianos

ConcelloDeFene

14 de novembro de 2016. O Concello de Fene iniciará o próximo venres os actos conmemorativos do centenario das escolas de instrución dos “Naturales de Fene”, co que se pretende recuperar unha importante parte da memoria histórica local xurdida arredor das escolas fundadas pola emigración de principios do século XX. Unha exposición, un ciclo de conferencias, un concurso de investigación e a xornada “Fene Indiano”, na que participarán os colexios do municipio, compoñen a cerna dunha programación deseñada polas concellarías de Cultura e de Ensino que se estenderá ata mediados do mes de decembro.

Nova2016111601 EnsinoFeneNova2016111601 EnsinoFene

Nova2016111601 EnsinoFene

Ler máis...

Protección Civil de Ares recupera una embarcación a la deriva

GaliciaArtabraDigital15/Nov/2016 A primeras horas de la tarde de este lunes se recibió en el CAE-112 una llamada telefónica informando que en la ría de Ares se encontraba a la deriva una embarcación y que podía suponer un peligro.

Inmediatamente se alertó a diferentes servicios, entre ellos a Protección Civil de Ares . Dos miembros de esta agrupación de voluntarios se dirigieron en una zodiac hacia la zona en la que se encontraba una embarcación con nasas a bordo, estaba en medio de la ría, y la remolcaron hasta dejarla amarrada a un «muerto» en el puerto de Redes. Ligazón á nova.